A Policía identifica o traballador de Renfe que fixo a chamada ao maquinista momentos antes do descarrilamento. O operario viaxaba no mesmo tren accidentado. Nin o condutor nin o outro empregado revelaron esta chamada, que si quedou rexistrada na caixa negra do convoi.
Fálase
Denuncian que as Festas do Monte da Guarda obvian o galego na súa programación, no centenario das festas e na primeira vez que se realizan durante dúas semanas consecutivas.
A Fiscalía pide unha fianza civil de 5,9 millóns de euros para a muller de Bárcenas. Rosalía Iglesias está imputada por fraude fiscal, cooperación en delito de branqueo de capitales, falsedade documental e tentativa de estafa procesal.
A Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e as Mariñas convoca unha concentración, este mércores ás 19.30, na estación de tren da Coruña, en demanda dun "ferrocarril público, social e seguro".
O PSOE vén de lanzar un vídeo para esixirlle a Rajoy que dea explicacións sobre o caso Bárcenas. A campaña emprega o hashtag #MarianoSéFuerte. As Xuventudes Socialistas lanzaron outro vídeo co hashtag #Marianocuentalo.
O debate deste xoves, no que comparecerá Rajoy para falar do caso Bárcenas, terá un formato semellante ao dos cumios europeos e celebrarase no Senado, moi vixilado e ampliado para os deputados
Unha sentencia obriga a NCG Banco a devolverlle a un cliente de San Sadurniño 96.000 euros que a entidade lle colocou como activos de inversión sen ser informado debidamente
Artur Mas comparecerá este mércores no Parlament polo caso Millet. O president da Generalitat será interrogado sobre os indicios que apuntan a que CDC percibiu uns 5 millóns de forma irregular a través do Palau de la Música
Lendoiro rexeita a proposta de convenio dos acreedores do Deportivo. O xuíz Rafael García deixa en mans da Liga de Fútbol Profesional a decisión de evitar que o clube sexa descendido administrativamente. Un milleiro de afeccionados protestaron onte ante a sede do equipo.
Bradley Manning, declarado non culpable do cargo de "ayudar o inimigo", unha acusación que podía levalo á cadea perpetua. Si foi declarado culpable de varios delictos de espionaxe, polos que pode ser condenado a até 20 anos de prisión.