Tareixa Paz (BNG) critica que a Xunta non lles facilitara aos grupos a información necesaria e espera que "esta intervención non supoña o final das explicacións dende a Xunta". Espera que a comisión de investigación solicitada "sirva para chegar ao fondo das causas do accidente" e realiza preguntas sobre o atraso na declaración da alerta 2 de emerxencia ou sobre o traslado de feridos a hospitais privados.