Rajoy abre o curso político este sábado cun acto en Soutomaior ao que asistirán Núñez Feijoo e Ana Pastor, entre outros. Rajoy lanzará a mensaxe de que España está comezando a saír da crise. O pasado ano 200 afectados polas preferentes protestaron ante Rajoy e Feijoo neste mesmo acto, que marcaba o inicio da campaña para as eleccións ao Parlamento galego.
Fálase
A Sociedade Galega de Historia Natural celebra este sábado o 40 aniversario da creación do seu xermolo, o Grupo Ornitolóxico Galego, creado o o 31 de agosto de 1973. Para conmemoralo, crea unha nova sección na súa web e realiza unha subida a Pena Trevinca, o cumio máis alto de Galicia.
O incendio que afecta a Navia de Suarna leva queimadas máis de 250 hectáreas nunha zona de gran valor ecolóxico, na reserva da biosfera dos Ancares
Os inspectores da ONU abandonan Siria e este sábado entregaranlle ao secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon. un informe preliminar das súas conclusións.
O secretario de Estado, John Kerry, comparece para xustificar os ataques militares que EE.UU. prepara contra Siria. Afirma ter probas que deixan clara a responsabilidade do réxime de Bachar el Asad no ataque con armas químicas do pasado 21 de agosto. "A historia está chea de líderes que escolleron mirar cara a outro lado e iso tivo malas consecuencias", di. E engade que "cremos na ONU e respectamos o seu traballo (...) pero dado o veto de Rusia, a ONU non vai poder liderar a respota como debería"
Uns 16 colectivos convocan en Pontevedra este luns ás 20.30 unha concentración contra os plans de Estados Unidos e os seus aliados para lanzar un ataque militar contra Siria. Izquierda Unida convoca unha concentración "contra a agresión imperialista en Siria" este venres en Madrid.
Seguen activos os lumes en Boiro (450 hectáreas queimadas) e Navia de Suarna. Neste último incendio a Xunta confirma a destrución de 250 hectáreas de monte, pero o alcalde socialista do concello afirma que son máis de 500, entre elas algunhas de soutos e carballeiras.
Falece Benxamín Casal, presidente da Editorial Galaxia, aos 78 anos de idade. Enxeñeiro agrónomo e economista, foi conselleiro na etapa preautonómica e deputado na primeira lexislatura do Parlamento galego, incluído como galeguista independente nas listas do PSdeG.
Morre Seamus Heaney. O poeta irlandés, de 74 anos, recibira o Premio Nobel en 1995 e tiña unha gran vencello con Galicia. No ano 2000 fora investido doutor honoris causa pola UDC.
O vindeiro luns terá lugar unha reunión da Coordinadora Galega pola Paz, en réxime de autoconvocatoria aberta, "para consensuar accións unitarias en solidariedade co pobo sirio e contra da intervención militar dos EE.UU.". A xuntanza celebrarase ás 19 horas na Galería Sargadelos de Compostela.