A Sociedade Galega de Historia Natural celebra este sábado o 40 aniversario da creación do seu xermolo, o Grupo Ornitolóxico Galego, creado o o 31 de agosto de 1973. Para conmemoralo, crea unha nova sección na súa web e realiza unha subida a Pena Trevinca, o cumio máis alto de Galicia.
Fálase
O incendio que afecta a Navia de Suarna leva queimadas máis de 250 hectáreas nunha zona de gran valor ecolóxico, na reserva da biosfera dos Ancares
Os inspectores da ONU abandonan Siria e este sábado entregaranlle ao secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon. un informe preliminar das súas conclusións.
O secretario de Estado, John Kerry, comparece para xustificar os ataques militares que EE.UU. prepara contra Siria. Afirma ter probas que deixan clara a responsabilidade do réxime de Bachar el Asad no ataque con armas químicas do pasado 21 de agosto. "A historia está chea de líderes que escolleron mirar cara a outro lado e iso tivo malas consecuencias", di. E engade que "cremos na ONU e respectamos o seu traballo (...) pero dado o veto de Rusia, a ONU non vai poder liderar a respota como debería"
Uns 16 colectivos convocan en Pontevedra este luns ás 20.30 unha concentración contra os plans de Estados Unidos e os seus aliados para lanzar un ataque militar contra Siria. Izquierda Unida convoca unha concentración "contra a agresión imperialista en Siria" este venres en Madrid.
Seguen activos os lumes en Boiro (450 hectáreas queimadas) e Navia de Suarna. Neste último incendio a Xunta confirma a destrución de 250 hectáreas de monte, pero o alcalde socialista do concello afirma que son máis de 500, entre elas algunhas de soutos e carballeiras.
Falece Benxamín Casal, presidente da Editorial Galaxia, aos 78 anos de idade. Enxeñeiro agrónomo e economista, foi conselleiro na etapa preautonómica e deputado na primeira lexislatura do Parlamento galego, incluído como galeguista independente nas listas do PSdeG.
Morre Seamus Heaney. O poeta irlandés, de 74 anos, recibira o Premio Nobel en 1995 e tiña unha gran vencello con Galicia. No ano 2000 fora investido doutor honoris causa pola UDC.
O vindeiro luns terá lugar unha reunión da Coordinadora Galega pola Paz, en réxime de autoconvocatoria aberta, "para consensuar accións unitarias en solidariedade co pobo sirio e contra da intervención militar dos EE.UU.". A xuntanza celebrarase ás 19 horas na Galería Sargadelos de Compostela.
Unhas 200 persoas convocadas polo Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT), levan dunha superficie comercial de Sevilla dez carros con material escolar que será entregado "nos vindeiros días a familias necesitadas"