Unhas 200 persoas convocadas polo Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT), levan dunha superficie comercial de Sevilla dez carros con material escolar que será entregado "nos vindeiros días a familias necesitadas"
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/522067fab4325-1377858386_781300_1377858920_noticia_normal.jpg)
Unhas 200 persoas convocadas polo Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT), levan dunha superficie comercial de Sevilla dez carros con material escolar que será entregado "nos vindeiros días a familias necesitadas"
Francia sitúase en primeira liña para o ataque a Siria e tomará o relevo do Reino Unido como principal aliado europeo dos Estados Unidos. Nunha entrevista Hollande salienta que "o ataque químico non pode quedar impune". Alemaña tamén rexeita a intervención militar. Segundo France Press, o ataque podería producirse o vindeiro mércores.
Preferentistas entran con polos na sede NCG en Vigo, informa La Voz de Galicia. "Trouxemos polos porque nos tratan coma pitos", dixo o voceiro da plataforma de Vigo-Val Miñor
Seguen activos dous lumes en Boiro e Navia de Suarna, que levan queimadas 300 e 150 hectáreas, respectivamente.
As comunidades de montes denuncian que o Plan forestal de Galicia "fracasou" e quedou reducido a traballos de extinción de incendios, esquecendo a prevención. Denuncian a "falla de planificación" no sector forestal e "o silencio por resposta que obteñen os propietarios cando solicitan consello para investir ou repoboar"
O concello de Viana do Bolo manterá o seu nome, despois de que fose rexeitada a proposta dun edil do PSdeG-PSOE para mudar a denominación a Viana do Bibei
A partir deste sábado as liñas de ferrocarril de toda España contarán coas medidas de seguridade que faltaban en Santiago no momento do accidente. As novas normas de sinalización e balizas afectan ás liñas nas que os trens circulan a máis de 160 quilómetros por hora e hai treitos que requiren “unha redución significativa de velocidade”.
O lume que comezou onte pola tarde entre Boiro e Lousame leva queimadas xa máis de 400 hectáreas, agravado polo vento e a presenza de varios focos. Varias aldeas tiveron que ser desaloxadas.
O Parlamento británico rexeita a moción de Cameron para un ataque inminente a Siria por 285 votos contra 272. Os laboristas votaron en contra e tamén algúns deputados conservadores
A Xunta decretou o nivel 1 de alerta para un incendio que permanece activo na parroquia de Tállara (Lousame), preto de Boiro. O lume queimou xa 120 hectáreas e obrigou a cortar a estrada provincial que vai a Noia.