A Xunta decretou o nivel 1 de alerta para un incendio que permanece activo na parroquia de Tállara (Lousame), preto de Boiro. O lume queimou xa 120 hectáreas e obrigou a cortar a estrada provincial que vai a Noia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/521f73813b455-lousame.jpg)
A Xunta decretou o nivel 1 de alerta para un incendio que permanece activo na parroquia de Tállara (Lousame), preto de Boiro. O lume queimou xa 120 hectáreas e obrigou a cortar a estrada provincial que vai a Noia.
A Asemblea Galega contra o Lume entregará este venres ás 11.30 no rexistro da Xunta, en San Caetano, as sinaturas recollidas en demanda "dunha nova política forestal". No acto participarán representantes dalgunhas das organizacións que forman a plataforma: ADEGA, Verdegaia, Contraminacción, Foro Social de Cangas, SLG ou Plataforma en Defensa de Corcoesto.
Os laboristas votarán en contra da moción de Cameron sobre Siria, que defende que "Siria non é Iraq"
Na súa despedida Carme Chacón anuncia que regresará para "participar" no "proceso de renovación" do PSOE. "Eu tiña un proxecto de renovación xeracional. Creo que segue vixente, para o socialismo español e para o sistema político español. A miña intención é contribuír a facelo o antes posible. O meu partido ten outros plans e outro calendario que eu non comparto".
A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, anunciou no Congreso que o Goberno está traballando para reducir o número de modelos de contrato de 41 a 5 así como refundir nun único texto legal todas as bonificacións para a contratación existentes.
O Tribunal de Xustiza europeo da a razón aos bombeiros da Coruña que están a reivindicar que se recuperen as quendas de 24 horas que realizaban ata agora e que foron suprimidas pola empresa Veicar, adxudicataria do servizo, alegando que eran ilegais. No texto da sentenza recóllese a legalidade destas quendas sempre e cando non se superen as 48 horas semanais de traballo, incluídas as horas extras.
O PP entrega ao xuíz un ordenador de Bárcenas que foi formateado en outubro de 2012, polo que carece da información que podía gardaba o ex tesoureiro
O ex alcalde de Ribadumia, Nené Barral, será citado a declarar como imputado por branquear tres millóns de dólares procedentes dunha conta das Illas Virxes Británicas a través de investimentos eólicos en China.
Óscar Blanco, da Agrupación Astronómica de A Coruña, realizou unha gravación dunha posta de Sol coa Torre de Hércules como marco, un proxecto no que levaba semanas traballando. A toma foi realizada o pasado 21 de agosto dende Mera, en Oleiros.
El Mundo pecha os últimos detalles para lanzar o seu anunciado muro de pago, un sistema de cobro de noticias que lanzaría no cuarto trimestre de 2013. A web non se pechará completamente aos usuarios gratuitos, pero sí se limitará a lectura a un determinado número de noticias.