Preferentistas entran con polos na sede NCG en Vigo, informa La Voz de Galicia. "Trouxemos polos porque nos tratan coma pitos", dixo o voceiro da plataforma de Vigo-Val Miñor
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5220662c4c538-scale1.jpg)
Preferentistas entran con polos na sede NCG en Vigo, informa La Voz de Galicia. "Trouxemos polos porque nos tratan coma pitos", dixo o voceiro da plataforma de Vigo-Val Miñor
Seguen activos dous lumes en Boiro e Navia de Suarna, que levan queimadas 300 e 150 hectáreas, respectivamente.
As comunidades de montes denuncian que o Plan forestal de Galicia "fracasou" e quedou reducido a traballos de extinción de incendios, esquecendo a prevención. Denuncian a "falla de planificación" no sector forestal e "o silencio por resposta que obteñen os propietarios cando solicitan consello para investir ou repoboar"
O concello de Viana do Bolo manterá o seu nome, despois de que fose rexeitada a proposta dun edil do PSdeG-PSOE para mudar a denominación a Viana do Bibei
A partir deste sábado as liñas de ferrocarril de toda España contarán coas medidas de seguridade que faltaban en Santiago no momento do accidente. As novas normas de sinalización e balizas afectan ás liñas nas que os trens circulan a máis de 160 quilómetros por hora e hai treitos que requiren “unha redución significativa de velocidade”.
O lume que comezou onte pola tarde entre Boiro e Lousame leva queimadas xa máis de 400 hectáreas, agravado polo vento e a presenza de varios focos. Varias aldeas tiveron que ser desaloxadas.
O Parlamento británico rexeita a moción de Cameron para un ataque inminente a Siria por 285 votos contra 272. Os laboristas votaron en contra e tamén algúns deputados conservadores
A Xunta decretou o nivel 1 de alerta para un incendio que permanece activo na parroquia de Tállara (Lousame), preto de Boiro. O lume queimou xa 120 hectáreas e obrigou a cortar a estrada provincial que vai a Noia.
A Asemblea Galega contra o Lume entregará este venres ás 11.30 no rexistro da Xunta, en San Caetano, as sinaturas recollidas en demanda "dunha nova política forestal". No acto participarán representantes dalgunhas das organizacións que forman a plataforma: ADEGA, Verdegaia, Contraminacción, Foro Social de Cangas, SLG ou Plataforma en Defensa de Corcoesto.
Os laboristas votarán en contra da moción de Cameron sobre Siria, que defende que "Siria non é Iraq"