A partir deste sábado as liñas de ferrocarril de toda España contarán coas medidas de seguridade que faltaban en Santiago no momento do accidente. As novas normas de sinalización e balizas afectan ás liñas nas que os trens circulan a máis de 160 quilómetros por hora e hai treitos que requiren “unha redución significativa de velocidade”.
Fálase
O lume que comezou onte pola tarde entre Boiro e Lousame leva queimadas xa máis de 400 hectáreas, agravado polo vento e a presenza de varios focos. Varias aldeas tiveron que ser desaloxadas.
O Parlamento británico rexeita a moción de Cameron para un ataque inminente a Siria por 285 votos contra 272. Os laboristas votaron en contra e tamén algúns deputados conservadores
A Xunta decretou o nivel 1 de alerta para un incendio que permanece activo na parroquia de Tállara (Lousame), preto de Boiro. O lume queimou xa 120 hectáreas e obrigou a cortar a estrada provincial que vai a Noia.
A Asemblea Galega contra o Lume entregará este venres ás 11.30 no rexistro da Xunta, en San Caetano, as sinaturas recollidas en demanda "dunha nova política forestal". No acto participarán representantes dalgunhas das organizacións que forman a plataforma: ADEGA, Verdegaia, Contraminacción, Foro Social de Cangas, SLG ou Plataforma en Defensa de Corcoesto.
Os laboristas votarán en contra da moción de Cameron sobre Siria, que defende que "Siria non é Iraq"
Na súa despedida Carme Chacón anuncia que regresará para "participar" no "proceso de renovación" do PSOE. "Eu tiña un proxecto de renovación xeracional. Creo que segue vixente, para o socialismo español e para o sistema político español. A miña intención é contribuír a facelo o antes posible. O meu partido ten outros plans e outro calendario que eu non comparto".
A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, anunciou no Congreso que o Goberno está traballando para reducir o número de modelos de contrato de 41 a 5 así como refundir nun único texto legal todas as bonificacións para a contratación existentes.
O Tribunal de Xustiza europeo da a razón aos bombeiros da Coruña que están a reivindicar que se recuperen as quendas de 24 horas que realizaban ata agora e que foron suprimidas pola empresa Veicar, adxudicataria do servizo, alegando que eran ilegais. No texto da sentenza recóllese a legalidade destas quendas sempre e cando non se superen as 48 horas semanais de traballo, incluídas as horas extras.
O PP entrega ao xuíz un ordenador de Bárcenas que foi formateado en outubro de 2012, polo que carece da información que podía gardaba o ex tesoureiro