As balanzas fiscais publicadas este mércores polo Ministerio de Facenda sinalan que Madrid, Catalunya, a Comunidade Valenciana e Baleares lle achegan ao Estado máis fondos dos que reciben
Fálase
A Xunta anuncia un incremento da capacidade computacional do CESGA nun 70%, unha mellora que repercutirá tamén nas universidades galegas e noutros centros de coñecemento, destaca a Consellaría de Economía
A recentemente creada Asociación Cultural Avelino Díaz, dedicada a divulgar a vida e obra deste poeta galego, pon en marcha o I Certame de Micropoesía #Avediaz en twitter. A Asociación promove que se lle dedique ao poeta o Día das Letras Galegas do ano 2017.
Lidia Dosil gaña o I Premio Universitario “La Caixa” de Comunicación Científica, convocado por GCiencia. Dosil presentou unha reportaxe titulada A física vai ó balneario, na que trata as aplicacións que investigadores da Universidade de Vigo realizan a partir de algas
A Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia denuncia que a "falta de coordinación" no operativo do Alvia persiste un ano despois
O Goberno dos EEUU prohíbelles ás súas liñas aéreas que voen a Israel. O número de palestinos mortos na ofensiva militar chega aos 638, un terzo nenos e nenas, por 29 israelís. El Periódico, un dos primeiros xornais impresos do Estado que denuncia na súa portada os masacres producidos por Tel-Aviv
O Congreso aproba o Canon AEDE na súa reforma da Lei de Propiedade Intelectual, que saíu adiante cos únicos votos a favor do Partido Popular
STOP Desafiuzamentos A Coruña alerta da posibilidade de que unha muller de 33 anos e a súa nai, que debe coidar as 24 horas do día, sexan expulsadas da súa vivenda de xeito inminente. O colectivo denuncia a inacción do departamento de Servizos Sociais do Concello, da Consellaría de Benestar Social e do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
O Concello de Lugo aproba un novo decreto de servizos mínimos para a folga de recollida de lixo, elevándoos do 50 ao 100% na limpeza viaria e na recollida de residuos sólidos urbanos e de todo o material reciclable, agás o vidro. Os traballadores de Urbaser, en frontal desacordo cuns mínimos considerados "abusivos", irromperon no pleno municipal, onde o alcalde López Orozco lles recriminou non ter aceptado a "oferta digna" presentada hai uns días pola empresa
A profesora Pilar Bermejo tomou posesión como decana da Facultade de Química da USC, converténdose na primeira muller que ocupa este cargo