O Deportivo vence o Málaga en Riazor (1-0) e abandona o último posto da clasificación. Un gran gol de Pizzi deu unha merecida vitoria aos de Domingos Paciencia na súa estrea no banco dos galegos.
O Deportivo vence o Málaga en Riazor (1-0) e abandona o último posto da clasificación. Un gran gol de Pizzi deu unha merecida vitoria aos de Domingos Paciencia na súa estrea no banco dos galegos.
Rajoy responde a dous afectados polas preferentes que non se pode comprometer a algo do que non está convencido. Cóntao El Diario.
Chávez comunicarase telefonicamente co pobo de Venezuela en canto llo permitan os médicos. Así o vén de asegurar o vicepresidente, Nicolás Maduro.
O Santiago Futsal golea o líder (5-1). O equipo compostelán asina un enorme partido e vence con claridade o Inter Movistar con tres goles de Raúl Campos.
O Liceo empata co Barcelona (2-2) e mantén o liderado da OK Liga de hóckey. Os tantos de Lamas e Bargalló permiten o equipo galego seguir na cabeza da táboa. Imaxe de @CPazitos.
O BNG homenaxe a Castelao en Rianxo e dá comezo ao curso político. Imaxe de @carmeadan.
O PSdeG esixe á Xunta "máis medios" na arbitraxe das preferentes. Pide "axilizar" os procedementos e que se inclúan "todos os afectados".
O FMI recoñece agora que se equivocou ao esixir recortes a Europa. O seu economista xefe asume que se trabucaron ao non valorar o impacto que terían as políticas de austeridade.
A Generalitat presentará recurso contra as novas sentenzas que atacan a inmersión lingüística. O TSJC estima a petición de seis familias que solicitaron educación en castelán.
As limpadoras do Parlamento perden a paga extra como se fosen funcionarias. A empresa adxudicataria rebaixa os seus soldos pero non devolve os cartos á Cámara, segundo conta El País.