Dimite o presidente romanés, Emil Boc, despois de semanas de protestas cidadás contra as medidas de austeridade do seu goberno
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f2f994966890-1781024.jpg)
Dimite o presidente romanés, Emil Boc, despois de semanas de protestas cidadás contra as medidas de austeridade do seu goberno
Interesante artigo de Jordi Barbeta en La Vanguardia analizando o Congreso do PSOE
O New York Times salienta hoxe as denuncias do Tenente Coronel Daniel L. Davis sobre a actuación do exército norteamericano en Afganistán. É unha das críticas máis fortes realizadas por un alto oficial.
Podedes consultar na rede o sumario do último número da revista Andaina, con moitos contidos, coma a análise que Ánxela Caramés fai das xornadas Suxeitos emerxentes: sexualidades e feminismos contemporáneos
Bebeto, orgulloso do debut do seu fillo, Matheus Andrade Gama de Oliveira, co Flamengo
Xoán Carmona Badía, catedrático da USC, escribe en Artabra21 para "Salvar a fábrica de lapís, avanzar cara a Ferrol patrimonio da humanidade"
Segundo o xornal económico Cinco Días, tamén o BBVA ten interese na compra de NovaGalicia Banco, uníndose así ao Santander e La Caixa como favoritos na poxa http://www.cincodias.com/articulo/d/bodas-conveniencia/20120204cdscdicnd_6/
Co 100% do escrutinio realizado, confírmase a folgada vitoria do conservador Sauli Niinistö como Presidente electo de Finlandia
Eleccións presidencias en Finlandia: co 99,1% do escrutinio realizado e un 68,8% de participación, o conservador Sauli Niinistö imponse co 62,6% dos votos fronte ao candidato ecoloxista Pekka Haavisto, que obtén o 37,4%. Con isto, conclúen tres décadas de dominio socialdemócrata na presidencia do país. Resultados oficiais disponibles en http://192.49.229.35/TP2012K2/e/tulos/lasktila.html
FÚTBOL: O Coruxo caeu ante o R. Madrid Castilla 6-0. O Celta B perdeu 1-2 ante o Marino. O Lugo empatou na casa ante o Oviedo 2-2. E o Montañeiros perdeu 1-3 ante o Getafe B.
BALONCESTO: O Breogán caeu derrotado 72-65 en Palencia. O Celta Baloncesto perdeu 61-77 ante o Gran Canaria. O Leyma Basquet Coruña venceu 66-61 ao Barça Regal.
BALONMÁN: O Academia Octavio caeu derrotato 28-23 en Guadalajara. O Frigoríficos Morrazo de Cangas venceu no Gatañal 32-20 ao Mecalia At. Novas. O Teucro gañou 31-24 ao Adelma Sinfin.
HOCKEY: O Liceo derrotou 4-9 ao C.P. Monjos.
RUGBY: O Universidade de Vigo caeu 13-11 ante o líder, a Santboiana.