O movemento 15M, Democracia Real Ya ou Occupy Wall Street traballan na organización dunha primavera global para o vindeiro 12 de maio, case un ano despois das primeiras mobilizacións. O obxectivo é que ese día se convoquen manifestacións e outros actos de protesta en todo o mundo, en demanda de xustiza social, xustiza medioambiental e comercio xusto.
Fálase
A comunidade científica, "arrepiada" ante os ataques do "movemento anti-científico" financiado por grandes compañías. Denuncian que nos diriximos a unha nova "era escura".
Ás 12 horas comeza en Madrid unha manifestación contra o réxime do sirio Bashar Al-Assad e en protesta polos ataques á cidade de Homs.
Iñaqui Urdangarín continúa delcarando este domingo no xulgado de Palma. No exterior, ao igual que onte, comenzan a chegar grupos de manifestantes.
Concelleiros de PP, PSOE e BNG de Compostela homenaxearon no cemiterio de Boisaca os alí asasinados polo franquismo (via @rubencela)
A policía desaloxa os extraballadores e traballadoras da Torre de Hércules despois de iniciar unha acampada ao pé do faro.
Perde o Dépor en Sabadell (1-0), a pesar da presenza dun numeroso grupo de seguidores branquiazuis nas bancadas. A ver se o Celta ten máis sorte mañá.
Os gañadores dos Oscar son elixidos por menos de seis mil votantes, case todos homes e case todos de raza branca
Os bispos das tres dióceses de Euskadi pídenlle a ETA nunha homilia conxunta que se disolva "e que pida perdón"
Un indignado (@abelemaa) 'cólalle' a Carmen Lomana a morte de Emilio Botín como parte dunha campaña activista, con hashtags como #tomatubanco. Lomana retuiteou a 'noticia' de inmediato, o que provocou unha reacción viral