Anonymus ataca a web do Partido Popular de Foz. Aquí a captura de pantalla
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f37e8e27e4b7-sintitulo.jpg)
Anonymus ataca a web do Partido Popular de Foz. Aquí a captura de pantalla
Seguimos pendentes de Grecia. Miles de persoas, concentradas na praza Sintagma de Atenas. Un cartel moi significativo dun dos manifestantes, pendurado no Twitter
Xoán Hermida reclama a constitución de "novas fórmulas", non dun "Bloque bis"
Á falta da votación, todas as intervencións que se suceden apuntan a unha saída do Encontro Irmandiño do BNG, ao igual que decidiu xa Esquerda Nacionalista. Na imaxe, Quique Tello
Das intervencións que se produciron polo de agora na asemblea do Encontro Irmandiño, todas están a prol da escisión do BNG
O editor Germán Sánchez Ruipérez, creador do Grupo Anaya, faleceu a pasada noite en República Dominicana
Xosé Manuel Beiras fala de dúas fases: seguir ou non no BNG e, no futuro, afrontar o deseño doutro instrumento con outros sectores
Beiras fai un repaso das condicións postas polo Encontro Irmandiño hai un ano para seguir no BNG ante unha sala ateigada de xente
A sala auxiliar do Palacio de Congresos compostelán, con capacidade para 404 persoas, está case completa e segue a chegar xente. Asemblea crucial do Encontro Irmandiño para decidir a continuidade no BNG. Beiras: "dentro ou fora do Bloque, nós sempre estivemos para construír"
Imaxe da praza Sintagma de Atenas a esta hora, vía @YiannisMouzakis. Ás once se producirá a votación no Parlamento para aceptar ou rexeitar as medidas de axuste que permitan ao país acceder ao segundo rescate