E é unha praza pública
Lara GrañaCompetencia avala a privatización das canles de televisión autonómicas
O anteproxecto remitido polo Goberno á CNC dispón que "as comunidades autónomas determinarán os modos de xestión do servizo público de comunicación audiovisual, que pode consistir na xestión directa, na xestión indirecta ou en diferentes instrumentos de colaboración público-privada". Así mesmo, a lei será reformada de maneira que as televisións públicas, tanto autonómicas como estatai poidan subcontratar a produción dos informativos
A banca garda a liquidez no peto malia aos 100.000 millóns que obtivo case gratis do BCE
A banca española reduciu o volume de crédito concedido en 12.873 millóns de euros o mesmo mes en que tivo acceso a unha liña de crédito de 500.000 millóns do Banco Central Europeo. É máis rendible o financiamento aos concellos para os pagos a provedores e a compra de débeda soberana que o financiamento a familias e pemes
O tribunal europeo ratifica o dereito dos interinos a percibir os sexenios ao igual que os funcionarios
Bruxelas asegura que non hai ningunha xustificación que limite o dereito a percibir o complemento retributivo por formación permanente unicamente aos profesores funcionarios de carreira
Os traballadores de Alcoa reivindican os seus traballos cunha doazón masiva de sangue
"Enterámonos de que había necesidade de sangue e decidimos doala". Os empregados da multinacional seguirán mobilizándose con accións de protesta e solidarias para garantizar a actividade na factoría coruñesa. "Que non che rouben o sangue, dóaa", foi o seu lema para este luns
O incremento da produtividade en 2011 destinouse en exclusiva ao beneficio empresarial
Ao incremento do PIB rexistrado durante o pasado ano sumouse unha caída na remuneración dos asalariados. Fronte a unha menor remuneración da forza laboral se produciu unha suba considerable do beneficio empresarial
As subvencións rebentan o mercado aéreo e poñen en cuestión a rendibilidade dos aeroportos
Segundo a Comisión Europea, o linde de rendibilidade dun aeroporto conséguese ao superar o millón e medio de pasaxeiros cada ano. Dos tres aeroportos galegos só o de Lavacolla, en Santiago, supera esa cifra. Dos 49 aeroportos cos que conta Aena na súa estatística anual, só 17 serían rendibles. Galicia foi, segundo a Comisión de Competencia, a terceira comunidade que máis fondos lles destinou ás aeroliñas en convenios "turísticos" ou de "publicidade" con 22.697.448 euros entre 2007 e 2011.
"Unha depresión económica incrementa o apoio ás forzas de extrema dereita"
Un estudo coordinado polo afamado economista Barry Eichengreen, de Berkeley, demostra que os periodos prolongados de caída da actividade económica aumentan a simpatía cara formacións antisistema de extrema dereita ou cara as súas mensaxes. Próbao con datos da Gran Depresión dos anos 30. Outro estudo de Markus Brückner aplica esa mesma teoría á actualidade
O PNG dá un paso fóra do Bloque para "sumar forzas no proxecto que Galiza precisa"
O Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista ten "forzas" de cara o futuro malia que este sexa fóra do Bloque Nacionalista Galego. O congreso extraordinario celebrado esta tarde en Vigo ratificou "por maioría" que cómpre saír do BNG para traballar nunha "gran forza política".
Moncloa eliminará a web que buscaba investidores pola "identificación coa empresa" dos galegos
O Consello de Ministros aprobou este venres a extinción da Sociedad Estatal para la Promoción y Atracción de las Inversiones Exteriores, S.A, unha sociedade pública mercantil creada ao abeiro da lei 33/2003. A web é investinspain.org, aínda que tamén existe unha páxina específica sobre Galicia
A débeda de Galicia aumentou en máis de dous millóns cada día durante o ano 2011
O pasivo total da administración galega superou os 7.000 millóns de euros o ano pasado, 848 millóns de euros máis que en decembro de 2011. A débeda pública total española ascendeu a 734.961.000.000 euros. Hai 14.593 millóns en préstamos a curto prazo
O Igape avaliaba a venda de Alfageme a un grupo cántabro un ano antes da liquidación da conserveira
As anotacións na libreta de Joaquín Varela, requisadas e engadidas ao sumario da Operación 'Campeón', deixan ver que en abril de 2010, un ano antes de terse producido o plan de liquidación, a intención do Igape era a de facilitar a adxudicación da conserveira a Grupo Consorcio. Este holding non crearía a súa filial galega ata un ano máis tarde