"Ferrolterra creouse arredor do naval, non se entende que o deixen morrer"
Segunda xornada da marcha dos delegados dos estaleiros e as auxiliares de Ferrol e Fene. A piques de chegar a Santiago, aseguran ter "forza e ánimo" para "loitar pola supervivencia dun sector e dunha comarca enteira"
O Supremo rexeita en sentenza firme unha demanda contra a titularidade BIC da casa de Castelao
Un particular interpuxo un recurso de casación no Alto Tribunal contra o decreto 61/2009 da Xunta de Galicia, que declaraba a vivenda de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como Ben de Interese Cultural (BIC). A sentenza é firme e as costas son para o recorrente
Dorribo empeñou Nupel a base de préstamos para sufragar coches, 'Visas' e iates
O endebedamento do que botou man Laboratorios Asociados Nupel, xunto coa caída no volume de ventas, provocou unhas perdas superiores a doce millóns de euros en 2010. Mais o empresario e os seus socios seguían asinando préstamos para a adquisición de coches de alta gama e embarcacións. Hai evidencias de contabilidade en B e de manipulación da información mercantil. Galería no interior.
"A supresión do CES e Competencia vai crear unha situación de corrupción estrutural"
Os sindicatos arremeten contra a decisión de Feijóo de diluír o Consello Económico e Social e Competencia no Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL). Reclaman unha "explicación" e que a decisión se adopte no marco do Diálogo Social
A decisión da CIG de manifestarse en solitario o 29-M provoca o primeiro roce con CCOO e UGT
Comisións e UGT acatan pero "discrepan" da decisión do sindicato nacionalista de convocar mobilizacións en solitario. Os tres preparan, en calquera caso, a coordinación de "todo o traballo previo á xornada de folga"
Soria non descarta subir a luz malia que a factura española sexa a terceira máis cara da UE
O ministro de Industria, José Manuel Soria, non descarta aumentar o prezo da luz no mes de abril. De Guindos asegura que non incrementará o IVE pero, ante a caída do consumo, a electricidade é un dos poucos bens que fan aumentar o indicador de prezos
Dorribo agochou a quebra de Nupel con transferencias de provedoras das que era socio
O sumario recolle movementos nas contas de Nupel e outras dúas sociedades supostamente provedoras do laboratorio, pero das que Dorribo era socio. Unha delas a presidía a súa muller, Aveline Fernández. A duplicación de facturas e as transferencias xustificaron, a ollos do Igape, un préstamo de tres millóns de euros
NGB poderá suspender temporalmente de contrato ao 75% dos traballadores
Os sindicatos CCOO, UGT e CSICA logran un preacordo coa empresa para reducir a xornada de gran parte do cadro de persoal e pactan un programa de baixas incentivadas para 700 persoas. Tamén haberá unha redución salarial de ata o 14,6%
Caixa Rural afrontará o saneamento que impón Madrid só cos depósitos da clientela
A cooperativa de crédito con sede en Lugo supera amplamente a ratio de capital de Novagalicia Banco. Aumenta o crédito concedido e a captación de pasivo. Prevé abrir dúas novas oficinas: en Vigo e Allariz
A suba do IRPF suporá unha tesoirada de 295 euros de media no salario de 775.000 galegos
O aumento impositivo afecta a preto de 775.000 persoas en Galicia, segundo un cálculo de José Féliz Sanz e Desiderio Romero desglosado por Praza. Na comunidade a recadación resultado desta suba de taxas aumentará nuns 230 millóns de euros
A Xunta cambia de versión e atribúe o atraso no pagamento do Risga a cuestións burocráticas
A Consellería de Traballo asegurou que o atraso se debera a un erro informático. Agora alude a que se debeu ao cambio de exercicio e aos trámites burocráticos
Feijóo culpa o bipartito das preferentes das caixas, emitidas dende 2003
O presidente da Xunta fai responsable do 'corralito' de Novagalicia Banco ao goberno de PSdeG e BNG. A preguntas de Pachi Vázquez, asegura que as participacións preferentes "son da súa época", aínda que foron lanzadas con Fraga no Executivo e remataron en 2011.