Iñarritu: "Hai nerviosismo no PNV polas grandes posibilidades de vitoria de Amaiur"
"A dispersión dos presos de ETA fíxose por vinganza contra os seus familiares", di o deputado de Amaiur no Congreso dos Deputados. Arremete contra o "uso político" do "conflito vasco" por parte do PSOE, PP "e os medios de comunicación afíns".
Labregos e gandeiros arremeten contra a supresión da Comisión de Competencia
O Consello de Ministros aprobou este venres a unificación de oito organismos supervisores nun único ente: a "Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia". Xorden voces que claman contra a desregulación nun proceso similar ao acontecido en EEUU na era Lehman Brothers
"Dixéronme que era un cliente preferente e que por iso eran boas as participacións"
O caso de Antonio repítese con ata 100.000 galegos atrapados polas participacións preferentes que as entidades financeiras colocaron durante anos. Os afectados mobilízanse a nivel local, comarcal e estatal. O día tres organizarán unha gran protesta
Medio Rural aborta o plan que abría a porta á venda de montes en man común
O cambio de actividade dun terreo agrícola a un forestal será posible pero con limitacións. O anteproxecto mudouse despois de centos de alegacións e os terreos de man común recuperan a súa categoría de "inalienables e indivisibles"
NCG substitúe a Gayoso e Varela no momento máis delicado para o banco
Formalízase a saída dos dous copresidentes da caixa única do consello de administración de Novagalicia Banco, entidade que asumiu a xestión financeira dos activos e pasivos das extintas Caixa Galicia e Caixanova. Chegan dous substitutos de dentro da entidade. Marcha Manuel Añón
O custo do rescate afunde Portugal na recesión
A Comisión Europea prevé unha caída da actividade do 3,3% da economía portuguesa en 2012, unha recesión máis grave que a que se rexistrada antes do rescate. España decrecerá un 1%, segundo Bruxelas.
Os bancos non terán que asumir a dación en pagamento se non queren
O ministro Luis de Guindos anunciou que as familias con todos os seus membros activos en situación de desemprego poderán acollerse á dación a través dun cambio de lei. Pero a lexislación non se vai mudar e as propostas do Executivo non son vinculantes
Galicia perde o liderado estatal de contratación no sector naval
Antes da supresión do tax lease, suspendido de xeito cautelar en xullo de 2011, a caída da contratación xa era unha constante. Galicia perdeu o liderado na negociación de novos pedidos. Brasil impón penalizacións ás firmas de construción naval que non boten man de auxiliares autóctonas
Moncloa acepta o control previo de Bruxelas sobre as contas públicas
O documento aprobado en Bruxelas polos ministros de Economía da eurozona faculta ao Executivo comunitario a supervisar os orzamentos xerais, que deberán ser remitidos á UE antes do 15 de outubro
A Xunta suprime Investigación Agraria malia que a PAC triplique os fondos para financiala
O 5 de xaneiro o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o cesamento de Alejandra Álvarez de Mon, responsable da dirección xeral de Innovación, Industrias Agrarias e Forestais. Con el suprimiuse este departamento malia que a Unión Europea teña decidido triplicar os fondos para a esta partida no agro. O director xeral de Investigación da Comisión é o galego Xosé Manuel Silva.
Cando a crise é peor que a morte
Un estudo de varios investigadores de Oxford apunta a que a taxa de suicidios medra un 0,79% por cada punto porcentual que aumenta a de desemprego. En Grecia e Irlanda a porcentaxe deste tipo de mortes violentas medrou un 17 e 13% desde 2008. Foron os dous primeiros países en ser rescatados pola troika
BBVA, La Caixa e Santander, pendentes do regulador para facerse con NGB
Os traballadores confésanse "cansos" dos rumores. "Estamos moi desmoralizados" polas "continuas novidades que lemos sobre a empresa. Xa non nos fiamos de nada". A Xunta exculpa ao seu representante do Comisión de Control das indemnizacións de Pego, Gorriarán ou De Paredes.