A reforma laboral habilita a Rajoy a seguir o modelo inglés para o sector público
O decreto lei do mercado laboral, publicado o sábado no BOE, permite presentar expedientes regulatorios na administración e adelgazar así o peso do sector público. Tamén posibilita os traballos "voluntarios", o mesmo que puxo en marcha Cameron no seu país dentro dun plan que, como recoñeceu, non funciona
A nova pobreza soberana de Grecia
Portugal e Grecia son Estados soberanos. O apalancamento do que botaron man para se integrar na Unión Europea ou para dinamizar a súa economía pásalles factura en forma de rescates, presións e inxerencias políticas. A troika (FMI, BCE e UE) é unha máquina de tres cabezas que supedita calquera apoio económico a un brutal proceso de axuste.
Xosé Manuel Beiras: "A clave é unha forza aberta capaz de integrar moita xente"
"Día histórico". "Ilusión". "Tristeza". "Forza". Catro palabras, catro testemuñas. As dos protagonistas dunha xornada, a deste domingo, que pasará á historia política de Galicia. Encontro Irmandiño, corrente liderada por Xosé Manuel Beiras, vén de aprobar a escisión do Bloque Nacionalista Galego.
Anonymus ataca a web do Partido Popular de Foz
"Este concerto dedícollo á señora Xustiza polas vacacións que, semella, está a tomarse". Así comeza o vídeo de Anonymus, pendurado na web oficial do PP do concello lucense de Foz
Xosé Chorén: "Feita a análise política, nós non temos espazo no proxecto do BNG"
Esquerda Nacionalista vén de aprobar, na súa Mesa Nacional, a saída do Bloque Nacionalista Galego. Fin de semana convulsa na que tamén se podería producir a escisión de Encontro Irmandiño da formación frentista. Fontes consultadas por Praza dán por feita, tamén, a saída do PNG do Bloque
O 51% das enerxías renovables de Alemaña están en mans dos cidadáns
Máis da metade da capacidade eólica de Alemaña está en mans dos propios cidadáns. Unha análise de Paul Gipe, un dos maiores expertos do mundo neste sector, que representa 80.000 millóns de euros en investimentos privados. O agro galego bota man destas cifras para arremeter contra a "campaña de desprestixio" que se propagou tras a adxudicación do concurso eólico do bipartito.
A reforma simplifica en prazos e custos o despedimento de xeito inaudito
O Goberno adelgaza os trámites para a presentación dos expedientes regulatorios e simplifica ao máximo a información que, até o de agora, se lle esixía a unha empresa para prescindir dun traballador ou de todo o seu cadro de persoal
O Goberno faculta ás CCAA a despedir empregados públicos por causa económica
Rematou a especulación. Acertou o ministro De Guindos en que a reforma ía ser "extremadamente dura". Baixo o paraugas da "estabilidade" e o "emprendemento", o Goberno reduce á mínima expresión os requisitos para prescindir de traballadores. Consúmase o abaratamento do despido con 33 días de indemnización e un máximo de 24 mensualidades.
Os empregados públicos respostan a Feijóo cunha batería propia de medidas de axuste
Fronte a un anteproxecto de lei "agresivo", medidas de axuste non lesivas contra os dereitos dos empregados públicos. Os traballadores da Xunta de Galicia propoñen unha batería de medidas para aforrar 80 millóns sen tocar salarios ou complementos
Barra libre para as piscifactorías na costa galega desde outubro
O Consello da Xunta dá luz verde ao Plan Director de Acuicultura, que abre a porta a instalar plantas de cultivo de peixe en calquera punto do litoral, tamén en espazos protexidos pola Rede Natura
Rajoy tamén ataca o paro coa receita do recorte
A reforma laboral será "profunda", segundo o presidente Rajoy. O Consello de Ministros aprobará unha nova lei que, sen crecemento do PIB, non servirá para crear emprego neto. A economía española precisa crecer a un ritmo non inferior ao 2% anual para reducir a taxa de paro, mais os economistas prevén unha profunda recesión este ano do 1,5%
O tipo medio de Sociedades foi do 16,7%, lonxe do 30% establecido polo fisco
Unha das medidas que propón a patronal galega á a acometida de recortes no gasto público para non subir os impostos a, entre outras, as empresas. A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) cre que o "axuste fiscal debe promoverse principalmente polo lado do gasto corrente, que manteña estable a carga impositiva soportada polas empresas". Non obstante, as taxas que pagan as firmas privadas están, nalgúns casos, 21 puntos por debaixo do establecido por lei