Anonymus ataca a web do Partido Popular de Foz

Captura de pantalla © Praza

"Este concerto dedícollo á señora Xustiza polas vacacións que, semella, está a tomarse". Así comeza o vídeo de Anonymus, pendurado na web oficial do PP do concello lucense de Foz. Segundo algúns lectores de Praza, foi a tarde do sábado cando se produciu o ciberataque, que permanece activo.

"Detestados corruptos. Plutócratas de demais vividores a costa do pobo. Somos Anonymus. España camiña cara os seis millóns de parados. Baixo esta pseudodemocracia que naceu enferma, tédesvos fusionado como un só aparato que aparenta normalidade social e división de poderes". O vídeo, que se reproduce automaticamente ao entrar no enlace do PP de Foz, dura case catro minutos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.