Suso Seixo: "Teño serias dúbidas de que CCOO e UGT apoien a folga xeral"
A CIG volve ir por diante e convoca, polo de agora en solitario, unha folga xeral en Galicia para a última semana do mes de marzo. O seu secretario xeral, Suso Seixo, cre que "non hai que esperar máis". A central nacionalista chamará ao resto das centrais sindicais a que se sumen á convocatoria
A produción industrial galega encadea 16 meses en negativo
O indicador de bens de equipo, que inclúe a actividade dos estaleiros ou outras industrias xeneradoras de moito emprego, pechou 2011 cunha caída que duplica a media globalNon
Os afectados das preferentes en Galicia cifran en 1.200 os millóns "secuestrados"
As participacións preferentes coñécense xa en todo o Estado como o novo "curraliño" financeiro. Diversas plataformas de afectados cifran en máis de 1.200 os millóns "secuestrados" pola banca con estes productos que non son accións nin depósitos. A súa rendibilidade depende da conta de resultados de cada entidade. O vencemento fica á vontade da empresa
NGB endurece as medidas traumáticas de emprego cun ERE "non negociable"
A entidade eleva a 775 os despedimentos para "garantir o proxecto autónomo" de Novagalicia Banco. Os responsables de persoal e avogados de Sagardoy trasladaron aos sindicatos que o decreto de Luis de Guindos "fai necesario ampliar as medidas" traumáticas de emprego
Rajoy baleira de contido a lei de fundacións que prepara Feijóo para as caixas
O decreto de saneamento do sector financeiro impón a tutela do Estado sobre Novacaixagalicia, que deberá converterse en fundación de carácter especial. A Xunta está a elaborar un "proxecto de lei" que regule, precisamente, este tipo de entes, mais quedará baleiro de contido. Fontes xurídicas cren que o decreto de De Guindos vulnera o Estatuto de Galicia
O naval sae de novo á rúa pola súa supervivencia
Os delegados sindicais de Navantia en Ferrol e Fene e os das empresas auxiliares do sector naval da comarca inician hoxe unha marcha conxunta cara A Coruña para pedir apoio institucional. Os estaleiros galegos vinculan a supervivencia do sector á posta en marcha dun novo sistema de bonificación fiscal, malia que antes da suspensión do tax lease tampouco había novos contratos.
O sector eólico minimiza as promesas de Feijóo e o ministro Soria
O ministro de Industria, José Manuel Soria, recibiu este luns ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Industria, Javier Guerra. Prometeu estudar a proposta da Xunta para manter "algunhas" primas eólicas. Desde a asociación Ventonoso aseguran que a proposta está "a prezo de mercado" e que as grandes eléctricas optarán por recorrer a Madrid para obter os mesmos megavatios
O Supremo tomba o recurso de Fadesa e Miño contra os xustiprezos
Sentenza firme. O custo do proceso, para os recorrentes. O Tribunal Supremo vén de desestimar un recurso de casación interposto polo concello coruñés de Miño e pola empresa Martinsa-Fadesa contra unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do 25 de maio de 2010. O máximo órgano xudicial galego multiplicou por catro o valor dos terreos expropiados aos veciños para levantar unha urbanización que segue a ser pantasma.
A Xunta modifica o convenio e suprime o dereito a comedor do persoal laboral
O anteproxecto de lei de medidas no emprego público, presentado o venres pola conselleira de Facenda, ameaza con romper os acordos de negociación colectiva asinados entre Traballo, sindicatos e patronal. A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública cifra en 1.700 o número de médicos dos que se prescindirá na sanidade galega.
A banca das Caimán ten máis depósitos do exterior que a francesa
Os depósitos procedentes do exterior dos bancos domiciliados no paraíso fiscal das Illas Caimán superaron en setembro os 1.515 billóns de dólares, por riba dos 1.332 que teñen os alemáns
De Guindos reduce por lei un 65% o soldo de Castellano
Novacaixagalicia, como xa indicou Praza, deberá transformarse nunha fundación de carácter especial xa que non prevé en ningún caso superar o 25% da cota de poder en Novagalicia Banco. Os directivos das entidades nacionalizadas terán un salario máximo de 300.000 euros ao ano
Novagalicia Banco: o aforro sacrificado dos galegos
A historia da caixa única galega comeza no outono de 2009. A expansión acelerada, a concentración nos riscos e a connivencia dos Gobernos autonómico e central fixeron que Caixa Galicia e Caixanova consumasen a súa fusión con severos problemas de solvencia. Unha reforma lexislativa do Executivo socialista crebou a aspiración social da empresa. Outra modificación, desta vez do Goberno popular, pode rachar coa aspiración mesma da supervivencia