O Goberno finiquita a aventura de Feijóo e Castellano
As catro entidades nacionalizadas polo Estado, entre elas Novagalicia Banco, van ser sacadas ao mercado "o antes posible". Sairán á venda. A poxa, de producirse, pon fin á aventura de José María Castellano como presidente dun banco que esperaba contar ata o mes de setembro para captar 500 millóns de capital. Feijóo debe comparecer o día 15 no Parlamento galego para falar do futuro da entidade.
A desconfianza ou a usura financeira
O Banco Central Europeo vén de publicar unha enquisa realizada entre máis de cen bancos da UE. Os datos revelan que unha cuarta parte das entidades prevé reducir o crédito concedido a empresas e familias durante este ano. Menos financiamento malia que, nestes momentos, a banca ten máis de 486.000 millóns en depósitos no propio BCE. Case medio billón de euros que se prestaron para, en principio, abrir a billa do crédito
A Xunta quere adquirir cadros de NGB para levalos á Cidade da Cultura
A Xunta de Galicia asegura estar a traballar para lograr que as coleccións pictóricas de Novacaixagalicia (antes Caixa Galicia e Caixanova) sexan postas á disposición "do patrimonio público galego". A Consellería de Cultura e Educación non descarta a adquisición de cadros para trasladalos á Cidade da Cultura
Os recortes rebentan o mercado laboral galego
O deterioro do mercado laboral español, lonxe de afastarse, volve petar á porta. Malia á pasada reforma laboral, ao acordo de negociación colectiva ou á baixada da xa omnipresente prima de risco, xaneiro foi o peor mes de toda a serie histórica en destrución neta de emprego. O paro subiu en toda España en máis de 177.400 persoas. Ata 17 veces máis que no mesmo mes de, por exemplo, 1998
A taxa de paro galega xa supera en máis de tres puntos o estimado por Feijóo
Galicia pechou 2011 cunha taxa de paro do 18,3%, máis de catro puntos porcentuais por debaixo da media estatal. A cifra supera ampliamente a previsión que a Xunta fixera nos Orzamentos do exercicio pasado. Daquela o executivo que preside Alberto Núñez Feijóo contaba con non superar o 15,1% de desemprego. O PP galego defende que o diferencial coa media española segue a ser moi elevado.
Préstamos fóra de prezos de mercado para a dirección de NCG
Segundo a última estatística do INE, o tipo medio que un usuario tivo que pagar para formalizar unha nova hipoteca foi, con datos de novembro, do 4,5%. Esta taxa é case un 18% máis elevada a nivel interanual (en comparación co mesmo mes do ano anterior). No caso das caixas, o tipo de xuro é catro décimas superior. Non obstante, a alta dirección de Novacaixagalicia goza de tipos moi por debaixo do prezo de mercado
Traballar sen crédito
No primeiro trimestre do ano 2006 a banca incrementou en case un 27% a concesión de créditos a empresas e familias de Galicia. Coa desaparición case efectiva das caixas e a crise de solvencia das entidades ampútase, en moitos casos, o acceso ao crédito para parte da cidadanía galega
Os xuros da débeda afogan as contas da Xunta
O endebedamento galego non é alleo á crise de débeda que afecta á supervivencia do euro. Os xuros levaron máis de 130 millóns de euros en nove meses
Mário Soares: "O lixo são as agências, não Portugal"
O ex presidente de Portugal, Mário Soares, interveio no recente encontro dos líderes da União Europeia em Bruxelas. Em declaraçõs exclusivas a Praza, reivindica a adoção de ações contra o desemprego e a recessão, mas não se posiciona em contra dos governos tecnocratas de Atenas ou Roma.
Un "Centro Administrativo Regional", sede do Pastor en Galicia tras a OPA
Banco Popular pretende manter o mesmo "arraigo" en Galicia que ten a entidade presidida por José María Arias. A empresa remitiu á CNMV o informe favorable dos máximos accionistas respecto da Oferta Pública de Adquisición (OPA)
José Antonio Diéguez: "Rebentou a burbulla do eólico"
Acabáronse as primas para as enerxías renovables de nova instalación. O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, comandado por José Manuel Soria, "estoupa na cara ao sector eólico galego". En 2011 instaláronse cero megavatios en Galicia. As empresas arremeten contra o parón que supuxo a derrogación do concurso eólico do bipartito. "Agora teríase instalado case todo".
NGB, “pendente” da reforma de Rajoy para coñecer o seu futuro
O Ministerio de Economía aínda non desvelou de que maneira vai poñer en marcha a terceira revolución financeira española. Descartado o banco malo por parte de Rajoy, a asunción de provisións con cargo a beneficios podería dar o golpe definitivo á entidade