O 86% das empresas do Ibex teñen filiais en paraísos fiscais
As grandes compañías españolas, supervisadas diariamente polo regulador e os inversores, conseguen eludir os requerimentos de información que demanda o mercado e non especifican que beneficios obteñen mediante a xestión das súas actividades nestes territorios. Entre as firmas galegas está Inditex, segundo o Observatorio de Responsabilidade Social Corporativa
Sete de cada dez créditos morosos das actividades produtivas son da construción
A taxa de créditos dubidosos das familias segue por debaixo do 2% de morosidade, mentres que a das actividades ligadas ao sector inmobiliario supera amplamente o 18%
Dúas folgas xerais polo "maior atentado contra os traballadores" desde os anos 70
A CIG en Galicia e CGTP en Portugal chaman á cidadanía á folga xeral para o 29 e 22 de marzo, respectivamente. Ambos os dous sindicatos acusan ás administracións de ter presentado as reformas laborais máis agresivas desde a Transición e a Revolución de Abril. A CUT acaba de anunciar que apoiará a convocatoria da CIG.
España destruíu 600.000 empregos para reducir en 8.000 millóns o déficit corrente
Chegar a un nivel de déficit cero na balanza de pagos suporía destruír máis de 2,5 millóns de empregos, se se segue a tendencia actual, á que habería que sumar a recesión dos países do entorno e o encaremento do barril de Brent.
Os empregados públicos, dispostos a ir á folga contra os "ataques" de Feijóo
Os catro sindicatos da Función Pública mantéñense "unidos" e anuncian que proseguirán as mobilizacións contra o proxecto de lei de medidas do emprego público. As centrais arremeten contra a "precarización" do emprego público e reivindican as alternativas ao recorte que remitiron a Feijóo, sen éxito.
A letra máis pequena da reforma laboral de Rajoy
As persoas poderán estar ata os 30 anos cun contrato de formación ata que a taxa de paro non chegue ao 15%. Ningún organismo económico estatal ou internacional pon data ao momento en que iso suceda.
NGB insiste na viabilidade do seu proxecto malia ter que provisionar 2.340 millóns
Novagalicia Banco remitiu esta mañá á Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV) o cálculo "preliminar" do saneamento que debe executar para dar cumprimento ás novas esixencias do Ministerio de Economía. En risco inmobiliario son 1.600 millóns de euros. Só en solo e promocións en curso, 740 millóns de euros
A Xunta dá por rematadas as negociacións e aproba o axuste para o sector público
O Goberno suaviza unha das propostas, relativas ás baixas, pero mantén o resto das iniciativas que espertaron a mobilización dunha gran parte dos empregados públicos galegos. O Consello da Xunta aprobará este xoves, segundo os sindicatos, o anteproxecto de lei
A Xunta resígnase ante a perda de vinculación con Galicia de NCG Banco
O Goberno galego cre que xa fixo "todo" o posible para asegurar o mantemento de Novagalicia Banco como entidade de crédito "comprometida" coas necesidades de Galicia
A lei de Montes abre a porta á venda de terreos en man común
Tanto a CIG como o SLG emiten un voto particular negativo no Consello Económico e Social ao entender que "se instauran os procedementos para a apropiación encuberta daqueles montes veciñais cuxas comunidades poidan atoparse con problemas na súa situación económico-financeira"
A UE aplica a España o mesmo torniquete de axustes que aos Estados rescatados
Mariano Rajoy contaba con presentar os orzamentos a finais do mes de marzo, despois das andaluzas e contando cunha posible moratoria de Bruxelas para relaxar o obxectivo de déficit. Non haberá tal, o que obrigará a Moncloa a executar un recorte de ata 40.000 millóns de euros
Bruxelas acusa a Moncloa de mentir sobre as cifras de déficit
Nin o déficit supera o 8% nin hai razóns para adiar as reformas prometidas por Mariano Rajoy en Bruxelas. A Unión Europea, segundo unha información de Reuters, cre que o Ministerio de Facenda mentiu sobre os datos reais de desviación orzamentaria para reivindicar a boa xestión conservadora a final de ano e xustificar algúns recortes.