A cifra real do desemprego en Galicia achégase aos 300.000 parados
Ao desemprego rexistrado hai que engadir a todas as persoas que, inscritas como demandantes de traballo, non constan oficialmente como paradas. Son xa máis de 291.000 en Galicia, moi por riba da estatística oficial.
O desemprego non desapareceu aos 45 días malia á promesa de Feijóo
O paro era a "obsesión" de Feijóo durante a campaña electoral de 2009. Chegou a dicir que ía eliminar o desemprego en 45 días, xa cando o número de parados rexistrados superaba as cotas de toda a década. E hai máis de 61.000 galegos que están sen traballo desde hai dous anos ou máis
Espinosa liderará o sector crítico nun primeiro envite contra Pachi Vázquez
O chamado sector crítico acudirá ao Congreso do PSdeG cunha muller de perfil baixo en Galicia, pero que articula unha estratexia a longo prazo. Cumpríronse os prazos e as expectativas dalgúns nomes destacados na formación. Pachi Vázquez terá rival
A Xunta subvenciona un centro relixioso a 15.271,2 euros por praza
O Consello da Xunta dá o visto e prace a un convenio de colaboración con Esclavas de la Virgen Dolorosa para o mantemento de 68 prazas cunha dotación superior aos 1,038 millóns de euros
CCOO deseña unha folla de ruta que finaliza nun chamado inminente á folga xeral
Un documento interno ao que tivo acceso Praza relaciona todas as "accións sindicais" emprendidas xa pola central que dirixe Ignacio Fernández Toxo, que inclúen a conversa con "sindicatos nacionalistas" e un chamado á folga xeral se non hai modificación da reforma laboral
A conselleira de Facenda rexeita abordar a situación laboral de NGB para "non xerar incertezas"
As declaracións de Elena Muñoz causan "estupor" entre os traballadores tanto de Novagalicia Banco como de Banco Pastor. NGB cancelou esta mañá por correo electrónico o encontro programado cos sindicatos para abordar o ERE. Desde a CIG cren que non haberá máis negociación
Telefónica pagou un informe para reclamarlle ao goberno de Rajoy a supresión de Competencia
A compañía que preside César Alierta publicou o 14 de febreiro un estudo de Pricewaterhouse que aconsellaba fusionar os reguladores que operaban en España. O Consello de Ministros adoptou esta decisión dez días máis tarde
CCOO e UGT barallan o 29 de marzo, como a CIG, para convocar unha folga xeral
A nova non está confirmada malia que desde as centrais se apunte a que a decisión é "inminente". Ambas as dúas centrais teñen hoxe mobilizacións por todo o Estado contra as políticas de recorte que se aproban na Unión Europea. CCOO e UGT mandan un comunicado no que enfrían a posibilidade dun chamado á folga, mais non a descartan
Novagalicia Banco operará no exterior baixo a marca Evo Bank
Os sindicatos coñeceron este martes a decisión da empresa de cambiar a marca da rede NGB, a que opera fóra de Galicia. Xa hai rótulos coa nova imaxe en oficinas de Madrid. A intención da empresa era a de informar e comezar a operar coa marca o día 12
Aguión: "Vai haber folga xeral, pero cando teñamos os suficientes apoios"
As centrais de CCOO e UGT en Vigo recollen a "demanda" da cidadanía e plantexan en firme a posibilidade de convocar unha folga a finais de marzo na mesma data que a Central Intersindical Galega (CIG)
O 'déficit cero' ao que aspira Rajoy está a máis de 85.000 millóns de 'distancia'
O déficit da administración galega supera os 540 millóns de euros tras superar, como a inmensa maioría das comunidades, o límite fixado polo Goberno central. Galicia pechou 2011 cunha taxa de déficit apenas tres décimas por riba do establecido. A corrección podería implicar outro recorte adicional de ata 200 millóns de euros.
Novacaixagalicia pecha a súa aventura hidroeléctrica en Perú revendéndolle a central ao seu antigo dono
A operación non autorizada da caixa, mediante a cal NCG adquiriu unha central hidroeléctrica en Perú, péchase coa recompra desta infraestrutura polo antigo propietario. A caixa di que a inversión foi de dez millóns de euros. A documentación oficial fala de máis de trinta.