Máis de 10.000 galegos emigraron ao estranxeiro desde a chegada de Feijóo á Xunta
A cohesión territorial e a igualdade de oportunidades foi un dos deberes que se apuntou Feijóo no Contrato con Galicia. A migración interna e a emigración volven ser protagonistas dunha realidade social que apenas mudou. O interior queda sen xente e as diferencias económicas coa costa non mudan
As comunidades pasarán a tesoira cunha dureza descoñecida para cumprir co 1,5% de déficit
Andalucía foi, desta vez, a rebelde. Azul en Moncloa, azul na inmensa maioría das comunidades autónomas. As directrices son duras e a disciplina, castrense. O mandato é o de pechar 2012 cun déficit do 1,5% e todas as CCAA agás a andaluza votaron a favor malia que supoña un recorte de máis de 15.000 millóns de euros. Cataluña e Canarias optaron pola abstención
Novagalicia dá marcha atrás e inicia un novo ERE polo "desastre" organizativo
Os sindicatos CCOO, CSICA e UGT manteñen para este mércores a convocatoria dunha mobilización na Coruña polo mantemento dos postos de traballo. Estas centrais entenden que a dirección da entidade non ten o compromiso de buscar alternativas ás medidas traumáticas de emprego
A débeda e o atraso nos pagamentos poñen en cuestión a "solvencia" das contas de Feijóo
A contención do déficit co traslado de gastos ao exercicio posterior explica o elevado nivel de débeda de Galicia. Houbo un deterioro nos pagamentos a provedores, sumado a un incremento dos custos da débeda e da caída dos ingresos. O PP andaluz arremeteu contra Griñán por facer o mesmo que Feijóo: adiantar o peche do exercicio
A Xunta deberá aplicar outro recorte duns 70 millóns para cumprir coa esixencia de Rajoy
O déficit de Galicia é do 1,61% a peche de 2011, algo máis de tres décimas por riba do marcado pola administración central. Todas as CCAA, agás a de Madrid, superaron ese límite. A Xunta pretende, e así o apuntou Alfonso Rueda, obter algunha "gratificación" ou incentivo malia ter un déficit orzamentario que supera os mil millóns e unha débeda de 7.000
O desemprego xuvenil rebenta todos os rexistros e consolida a "xeración perdida"
O paro na xente nova supera, na meirande parte dos países da Unión Europea, unha taxa do 20%. O problema non é son do mercado laboral español, malia que a taxa de desemprego estre os máis novos está hoxendía no 50%. Os datos de recuperación, desemprego e desigualdade empezan a semellarse aos da Great Depression de 1930
Un grupo de militantes aviva a dicotomía de Máis Galiza ao apostar pola permanencia no BNG
Son uns vinte militantes que veñen de formular unha proposta de resolución urxente para o Congreso que Máis Galiza celebra o próximo domingo. Apostan pola continuidade dentro do BNG mais, iso si, reclaman que a formación nacionalista recoñeza a todos os niveis que existen "dous grandes proxectos" no seo da mesma. Esta proposta súmase ás xa formuladas no manifesto "Tamén connosco", que tamén aposta pola permanencia no Bloque, e a do "Proxecto Político Propio", que opta pola escisión
Elena Espinosa entra en xogo no PSdeG de man dos críticos con Pachi Vázquez
O sector máis urbano dos socialistas galegos entran na batalla pola secretaría xeral do PSdeG cunha Espinosa que asegura que ninguén lle mandou presentarse, en resposta ás declaracións do que será seu rival, Pachi Vázquez. "Pediumo moita xente", apuntou a exministra.
A reforma laboral abre unha fenda na doutrina da Igrexa
O presidente da Conferencia Episcopal remite un comunicado aos vicarios para desmarcarse dunha nota de prensa elaborada por dous colectivos obreiros católicos na que arremeten con dureza contra a nova norma do mercado laboral
Os afectados polas preferentes mobilízanse a grande escala nunha concorrida xornada de protesta
Numerosas cidades, entre elas Vigo e A Coruña, acollen manifestacións e asembleas contra o chamado "novo corralito" financeiro. Os afectados esixen solucións á CNMV e ao Banco de España. Galería no interior.
O Consello Europeo defende os medios públicos como "garante" do "pluralismo e a democracia"
O Comité de Ministros da UE aprobou o pasado 15 unha declaración institucional na que se reivindica o papel dos medios públicos como un elemento de "cohesión" social e mecanismo para difundir aquelas informacións "de interese xeral" para a cidadanía. O Goberno de Rajoy forma parte dese comité
O Goberno de Rajoy prevé que se destrúa outro medio millón de empregos en 2012
O cadro de previsións macroeconómicas inclúe unha recesión de 1,7 puntos, taxa de paro superior ao 24% e unha caída do gasto público superior ao 11%. O Executivo marca como obxectivo de déficit o 5,8%: será preciso un recorte de 30.000 millóns