A empresa galega Vieira negocia para evitar que Arxentina expropie a súa filial no país. Acúsana de adebedar salarios.
Fálase
Sanidad asegura que os 'sen papeis' crónicos serán atendidos en España e pasarase a factura aos seus países de orixe. O director xeral da Carteira Básica de Servizos, Agustín Rivero, confirmouno nunha entrevista a RNE.
A galega Teresa Portela accede á final de K-1 200 metros. Buscará outra medalla galega en piragüismo nos Xogos de Londres.
O vicepresidente da CEOE, condenado por rebaixas de soldo inxustificadas. A empresa está obrigada a restablecer as antigas condicións de traballo.
As bases de Anova debaterán a creación dunha fronte electoral ampla para presentarse ás eleccións autonómicas. Pretenden unha "unidade de acción" ante a "involución democrática".
Prolingua convoca asemblea xeral para o vindeiro mes de setembro. O colectivo "dará conta do andado e deseñará camiños e pasos futuros".
O BCE cre que a reforma laboral tería freado o paro de aprobarse hai anos e advirte dunha baixada dos sarios en España e Grecia.
O Goberno decidirá a vindeira semana sobre a axuda de 400 euros. O PP asegura que a decisión sobre a prórroga ou non desa paga aínda non está tomada.
O PP asegura que se "están pagando" os 400 euros do plan Prepara "aos parados de Zapatero, que agora acoden a esa solución de último recurso". Alfonso Alonso, voceiro popular, diferencia así entre os desempregados dun e doutro Goberno.
A Xunta incoa o expediente de delimitación do Camiño de Santiago Primitivo. O obxectivo é "garantir a mellor protección dos lugares, edificios e paraxes polos que discorre este ruta xacobea", tal e como levan anos denunciando desde diversos colectivos.