A Xunta dá por feita a "viabilidade" de Alcoa tras a nova regulamentación das empresas grandes consumidoras de enerxía, publicada hoxe no BOE
Fálase
Unha agrupación local das Nuevas Generaciones do PP cualifica de "mártir da democracia" a Ángel Carromero, condenado en Cuba por homicicio imprudente a causa do accidente de tráfico do coche que conducía, no que faleceron dúas persoas. A pena vaina cumprir en España.
Converten a estatua que homenaxea a Manuel Fraga en Cambados en "algo semellante a Batman". Cóntao Cambados.tk
Ás 19:00 comeza en Pontevedra a manifestación previa ao partido da selección galega que organiza Siareiros Galegos.
Unha web satírica sobre a xestión da Xunta elabora "un conto de Nadal" sobre o proceso de fusión das caixas e os problemas de Novagalicia Banco
Os funcionarios traballarán media hora máis ao día dende xaneiro polo mesmo soldo, segundo reflicte hoxe o BOE e recolle El Diario
O Goberno central publicita o seu primeiro ano de mandato cun documento titulado Un año de gobierno. Un año de reformas, no que defende iniciativas como a reforma laboral
O Goberno de Bolivia expropia as filiais de Iberdrola no país para atallar as "enormes diferenzas" de tarifa enerxética entre o ámbito urbano e o rural. En La Vanguardia.
O ano 2012 rematará cun récord de demandas por despedimento no conxunto do Estado. Cóntao El Diario.
A revista Yo Dona di que define a dona de Rajoy como "nada galega" porque non ten "contención ante os enfados"