O Patín Cerceda, subcampión da Copa Príncipe de hóckey logo de caer na final contra o Mataró (5-7).
O Patín Cerceda, subcampión da Copa Príncipe de hóckey logo de caer na final contra o Mataró (5-7).
O PPdeG pide "desculpas" aos veciños de Santiago polos casos de corrupción do goberno local. Faino o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que di na Cadena Ser que o partido "tomará medidas".
A Marea Branca a prol da Sanidade Pública percorre varias cidades de Galicia. Ourense, Pontevedra e Narón acolleron manifestacións contra a privatización sanitaria e centos de persoas secundaron a convocatoria de SOS Sanidade Pública. Máis información, esta tarde en Praza. Imaxe de @XCGaliza
A galega Ana Peleteiro bate a súa mellor marca en pista cuberta. A atleta de Ribeira proclámase subcampioa de España de triplo salto e con 17 anos continúa a súa gran progresión. Acadou un salto de 13,75, récord de España junior e mellor marca mundial do ano en categoría xuvenil.
Grândola Vila Morena soa na manifestación do 16F en Madrid, logo de que se escoitase no Parlamento portugués como protesta á política económica do Goberno luso.
O Liceo vence o Oliveirense (6-3) e consegue o pase aos cuartos de final da Liga de Campións de hóckey sobre patíns.
A Fiscalía descarta polo momento imputar a infanta Cristina polo caso Nóos malia que o ex socio de Urdangarin involucra a Casa Real e ela nas actividades do Instituto.
Milleiros de portugueses marchan contra o goberno en varias cidades nunha xornada de loita contra as políticas do Executivo.
Diego Torres denuncia presións da defensa de Urdangarin para asumir toda a culpabilidade no caso Nóos. "Non che faltará traballo nin diñeiro", disque lle dixeron.
O Celta perde ante o Getafe (3-1) e seguirá en postos de descenso. O gol de Augusto non lle serviu de nada ao equipo vigués, que continúa coa súa mala xeira.