O filósofo Giorgio Agamben afirma nunha entrevista no xornal arxentino La Nación que "En Europa asistimos a un baleiramento da democracia"
Fálase
Manuel González, tesoureiro e candidato a presidir a Real Academia Galega, afirma que o "ideal" sería conseguir unha candidatura "única". Aposta por manter a "independencia" da RAG e por "seguir a liña iniciada por Xosé Ramón Barreiro e continuada por Méndez Ferrín", para acadar "unha maior visibilidade na sociedade".
Conde Roa declarará a petición propia este venres pola Operación Manga. O ex alcalde compostelán está imputado por presuntos delictos de prevaricación, tráfico de influencias e suborno.
O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, non será imputado no xuízo de faltas aberto polo desaloxo de Aurelia Rey. Carril aparece citado no atestado policial, o mesmo que o concelleiro de EU Cesar Santiso, e decidira autodenunciarse.
Stop Desahucios de Biscaia anuncia que realizará escraches nos vindeiros días contra o presidente do PP vasco, Antonio Basagoiti, e o deputado Leopoldo Barreda.
Xesús Alonso Montero presentará oficialmente a súa candidatura á Presidencia da RAG o vindeiro luns 1 de abril. Ás 12.30 horas ofrecerá unha rolda de prensa.
Ábrese a inscrición para participar como público na segunda edición de MexilOnseTuits, que terá lugar en Bueu o vindeiro 2 de xuño.
Francis (th)E mule reflexiona sobre o custe real das publicacións científicas. Estímase que a industria das publicacións científicas xerou 9400 millóns de dólares de beneficios en 2011, grazas á publicación de 1,8 millóns de artigos escritos en inglés
Mas quere incorporar o PSC aos apoios ao seu Goberno para non depender de ERC, segundo El Pais.
O alcalde de Moaña péchase cos afectados polas preferentes para esixir a devolución dos cartos. José Fervenza decidiu ademais suspender o pleno. Pola súa banda, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, tivo que ser escoltado por 35 axentes polas protestas dos veciños e veciñas.