Praza non se actualizará este venres por descanso da redacción. Volvemos o sábado!

Praza non se actualizará este venres por descanso da redacción. Volvemos o sábado!
Albano Dante Fachín, editor de Café amb Llet, falará este sábado en Vigo dentro das xornadas Recuperar soberanía, desarmar o TTIP, organizadas por Ecoar. Ás 20 horas no Salón de Actos do Instituto Santa Irene ofrecerá a conferencia “O TTIP: o plan do 1% para acabar -dunha vez por todas- coa democracia”
O director Manoel de Oliveira morreu esta mañá aos 106 anos de idade. Filmou máis de 60 películas, dende Douro, Faina Fluvial (1931) até a curta O Velho do Restelo (2014), destacando obras coma Aniki Bóbó. Sendo neno, estudou na Guarda, nun colexio de xesuítas, mantendo sempre un gran vencello con Galicia
O asalto do grupo yihadista Al Shabaab a unha universidade en Kenya provoca 15 mortos e 65 feridos, con 500 estudantes retidos e retidas como reféns.
Bruxelas advirte a Tsipras de que “Rusia non é unha alternativa para Grecia”, ante a viaxe que o presidente grego realizará a Moscova a semana que vén. Grecia anuncia que creará 4.500 novos postos de traballo no sistema sanitario e suprimirá o pagamento por consulta.
Criticas á Garda Civil por publicar na súa conta oficial un tuit que equipara a violencia machista e os casos de violencia exercidos por mulleres, empregando ademais un cartel falso do Ministerio de Igualdade. Tardou, ademais, en publicar unha rectificación e pedir desculpas
Nais e pais do CPI Os Dices de Rois iniciarán o martes 7 de abril un peche no Concello. A pasada semana o 60% das familias non levou os seus fillos e fillas á clase, en protesta pola perda de 50 minutos semanais de docencia para os alumnos de secundaria
O PP veta a convocatoria dun pleno extraordinario no Concello da Coruña sobre os supostos 54 enchufes promovidos polo Goberno local con empresas concesionarias de servizos municipais. Os votos populares botaron abaixo a proposta de EU, que nin sequera se chegou a discutir. De igual xeito, tamén impediron que chegase ao pleno unha moción do BNG para revisar os acordos do Goberno de Francisco Vázquez sobre Someso.
Os tres peritos xudiciais que interveñen no proceso polo accidente do Alvia foron citados o 10 de xuño co obxetivo de que ratifiquen os seus informes e se sometan a contradición polas partes persoadas na causa
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey (PSOE), será xulgado por malversación. O rexedor asegura que non dimitirá e estuda concorrer ás eleccións de maio cunha candidatura independente