O xuíz Ruz imputa a Fernández de Sousa e a Paz-Andrade por "falseamento de información económica, falseamento de contas anuais e uso de información relevante" na súa xestión en Pescanova. Cóntao El País.
Fálase
#consellodaxunta Feijóo subliña que o inicio do goberno de Aznar foi moi "impopular" e no ano 2000 conseguiu "a primeira maioría absoluta de España". "Eu estaba alí, vivino, e esta lexislatura pode ser parecida", asegura. En todo caso, manifesta "respecto e admiración dificilmente superables" pola xestión de Aznar.
#consellodaxunta Feijóo di que a rotulación en galego "non pode ser en ningún caso un problema" nos sinais das autoestradas. "Se o problema é qeu non estea o castelán, que se poña", di.
#consellodaxunta Feijóo di non ter "ningunha información" a respecto dos pagamentos do PP ao ex presidente de Caja Madrid, Miguel Blesa. Considera "imprudente" opinar ao respecto.
#consellodaxunta Feijóo anuncia novas axudas á minaría, desta volta para "a mellora tecnolóxica".
#consellodaxunta Feijóo destaca a declaración de interese turístico da mostra do aceite de Quiroga, da feira do requeixo das Neves e a festa do peixe, en Bande.
#consellodaxunta A Xunta renóvalle a subvención ás Esclavas de la Virgen Dolorosa. O pasado ano esta residencia para persoas con enfermedades psiquiátricas recibiu máis de 15.000 euros públicos por praza.
#consellodaxunta Feijóo anuncia axudas a ONG para o desenvolvemento e afirma que foron incrementadas un 25% a respecto do pasado ano. As organizacións deste sector veñen denunciando os reiterados recortes neste ámbito aplicados pola Xunta.
#consellodaxunta A Xunta remítelle ao CES a Lei do Emprendedor
#consellodaxunta Feijóo di que a baixada do absentismo laboral na Administración supuxo un aforro de 25 millóns de euros no primeiro ano de aplicación da nova lei. O presidente volve combinar datos de absentismo e de baixas por enfermidade.