O Boiro mantense no liderado da Terceira galega logo de gañar no campo do Arousa (0-1). O resto de resultados foron os seguintes:
As Pontes 1 - 4 Pontevedra
Grixoa 1 - 0 Dorneda
Racing Vilalbés 1 - 0 Choco
Betanzos 0 - 1 Barbadás
Laracha1 - 2 Negreira
Bertamiráns 2 - 1 Ordes
Cultural Areas 0 - 4 Somozas
Cerceda 0 - 1 Rápido de Bouzas
Alondras 1 - 5 Fabril
Fálase
O Racing de Ferrol empate en Zamora (1-1) e mantense en promoción de ascenso a Segunda División. O Ourense gañou ao Noja (1-0), o Compostela empatou ante o Racing de Santander (1-1), o Coruxo caeu na casa ante o Burgos e o Celta B perdeu tamén en León (1-0).
Caamaño asume que os partidos terán "complicado" facer listas ás eleccións municipais tras os numerosos casos de corrupción que azoutan a varias formacións galegas.
O referendo de Anova transcorre "con normalidade" e a participación achegábase ao 50% da militancia ao mediodía. Imaxe de @nanoespinar.
A galega Ana Peleteiro, campioa de España de triplo salto. A atleta, aínda idade júnior, consegue unha marca de 13,91 metros.
O Deportivo vence en Alcorcón no último minuto (1-2) grazas a un gol de Lopo e mantense en postos de ascenso directo a Primeira. O conxunto coruñés adiantárase cun tanto de Juan Domínguez na primeira parte.
Oitenta políticos galegos, baixo sospeita polas diferentes causas xudiciais abertas contra a corrupción. A maioría, de PP e PSOE, pertencen ás corporacións de Lugo, Ourense, Santiago e A Coruña.
Anova celebra hoxe o referendo entre a militancia, que decidirá con quen forma coalición de cara ás vindeiras eleccións europeas. Beiras decántase por unirse a EU, malia que a maioría da dirección aposta por buscar acordos co nacionalismo. Toda a información, hoxe en Praza.
O sumario da Pokémon revela enchufes masivos no Concello de Ourense. O ex alcalde tiña na casa decenas de currículos e listas con decenas de recomendados.
O Obradoiro fai historia e acada a súa quinta vitoria consecutiva ante o Joventut (89-72). Oriol Junyent mancouse e non puido rematar o partido.