Galicia poderase endebedar en 2015 un 40% menos que este ano. A débeda da Xunta vén de superar por primeira vez os 10.000 millóns de euros. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
Urbaser tensa aínda máis a folga do lixo en Lugo o despedir os membros do comité de empresa e impoñer 66 sancións máis. Recólleo El País.
A axencia Associated Press ofrece unha galería fotográfica centrada nos desafiuzamentos no Estado español.
IU encoméndalle a súa renovación ao deputado Alberto Garzón, que será tamén voceiro da coalición. En El Diario
Os Estados membros da UE acordan, malia ás reticencias do Reino Unido, propoñer o conservador Jean Claude Juncker como novo presidente da Comisión. Agora terá que ser ratificado polo Parlamento, onde conta co apoio de populares, socialistas e liberais.
O PP faise co goberno do Concello de Arbo grazas ao apoio do grupo independente que en 2011 avalou a investidura como alcalde de Xavier Simón, do BNG.
A revista Orgullo y Satisfacción, creada por debuxantes que marcharon de El Jueves tras a censura á portada sobre a Casa Real, anuncia que se editará cada mes a partir de setembro. Será en formato dixital e dende 1,50 euros.
O colectivo ultra Hazte Oir recada cartos para "salvar España" dos "secesionistas" e de Podemos. Recólleo Público.es
O grupo dos liberais no Parlamento Europeo, no que se integran UPyD, Ciudadanos, PNV e CiU, únese aos populares e aos socialistas para apoiar a Juncker como novo presidente da Comisión.
A Xunta oficializa o período de "perigo alto de incendios" do 1 de xullo ao 30 de setembro. O DOG publica hoxe a orde.