Vén de comezar no CUVI o partido entre o Iveco Universidade de Vigo e o C.R. La Vila, fundamental para a permanencia dos vigueses.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f804b9a309bd-vigo4.jpg)
Vén de comezar no CUVI o partido entre o Iveco Universidade de Vigo e o C.R. La Vila, fundamental para a permanencia dos vigueses.
O bispo de Alcalá de Henares cargou, nunha misa retransmitida en directo por TVE, contra a homosexualidade e o aborto. Juan Antonio Reig Pla espetou que "hai persoas que (...) se corrompen e se prostitúen ou van a clubes de homes nocturnos. Asegúrovos que atopan o infierno".
A Asemblea do BNG en Gondomar aproba por maioría abandonar a organización. Causan baixa o responsable local, os cinco concelleiros, que non entregarán as súas actas, e corenta militantes, que se constitúen en Asemblea Nacionalista de Gondomar "co obxecto de defender o programa municipal e traballar a prol dun novo proxecto político".
A Plataforma pola Defensa das Fragas do Eume convoca unha concentración para o este domingo ás 12 horas diante da Casa do Concello de A Capela. E convoca igualmente a toda a cidadanía o vindeiro martes ao mediodía a concentrarse diante do Parlamento. O mércores Francisco Jorquera preguntaralle no Pleno no Congreso á vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, para saber cal vai ser a colaboración do Executivo central para a recuperación das Fragas.
Este domingo péchase en Allariz a Feira do libro galego de ocasión e segunda man. Este outlet do libro, organizado polo Concello de Allariz, a Asociación Galega de Editores e a libraría Aira das Letras, celébrase na Praza de Abastos da vila.
O sábado 14 celebrarase unha manifestación, entre a fervenza do Ézaro e O Pindo, para reivindicar a declaración de Parque Natural do Monte do Pindo. Velaquí o cartaz
Omar Suleiman, ex xefe dos servizos de intelixencia do réxime de Mubarak, anuncia a súa candidatura ás eleccións presidenciais exipcias, que se celebrarán o 23 e 24 de maio
Nunhas horas os remeiros de Cambridge e Oxford volverán enfrontarse nunha carreira que supera xa as 150 edicións. Toda a información neste especial, onde tamén se poderá ver a carreira en directo a partir das tres da tarde.
Dende Catalunya denúnciase que a proximidade das eleccións en Euskadi e Galicia fai facer que o Goberno de Rajoy centre os investimentos nas conexións ferroviarias con estes dous territorios, relegando o corredor mediterráneo. A crónica de Enric Juliana en La Vanguardia afirma que as prioridades de Fomento son o AVE Madrid-Galicia, la Y ferroviaria vasca e a conexión de Madrid co potente núcleo turístico da Costa Branca.
A directora xeral do FMI, Christine Lagarde, non descarta a quebra de Grecia e que teña que saír do euro e da UE. Afirmouno nunha entrevista concedida á cadea norteamericana CBS que se emitirá este domingo