Podemos proporá que Xavier Domènech presida o Congreso dos Deputados, segundo vén de confirmar a formación. Cóntao El Periódico de Catalunya

Podemos proporá que Xavier Domènech presida o Congreso dos Deputados, segundo vén de confirmar a formación. Cóntao El Periódico de Catalunya
Extinguidos tres incendios en Baiona tras queimaren unhas 30 hectáreas, segundo informa Medio Rural
O Concello de Sanxenxo pagou 240 euros por tubos de iluminación que custaban 2,53 euros. Cóntao Pontevedra Viva
A Illa de San Simón acolle este domingo a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, organizada dende a Iniciativa Galega pola Memoria
O risco de incendios forestais é hoxe moi alto ou extremo en máis da metade do territorio galego. Este sábado rexistráronse diversos incendios no país, caso dos declarados en Baiona, no Morrazo e en varios puntos da provincia de Ourense.
A Comisión Europea esixirá un novo recorte de 10.000 millóns ao vindeiro Goberno de España. Detállao El País citando fontes da UE, que ademais confirman a conxelación duns 1.000 millóns en fondos estruturais e dun novo programa de control das contas españolas.
Erdogan lanza unha forte vaga represiva en Turquía tras o intento de golpe de Estado.
Chegan a Galicia máis de 300 nenas e nenos saharauís dentro do programa 'Vacacións en paz', impulsado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Recolleuno a TVG
Erdogan anuncia a suspensión de 2.700 xuíces como parte da súa resposta ao intento de golpe de Estado. Minuto a minuto, en eldiario.es
O golpe de Estado fallido en Turquía deixa case 200 persoas mortas, segundo as últimas cifras oficiais. Información ao vivo, nesta ligazón