O primeiro ministro portugués, Pedro Passos Coelho, comparece ante o país para asegurar que respecta pero non comparte a decisión do Tribunal Constitucional que ilegalizou varios recortes sociais. Afirma que a fase de emerxencia financeira aínda non pasou e di rexeitar novas subas de impostos. O diario Público está a contalo.
