Novacaixagalicia e a CNMV asumían xa en 2011 a fraude das preferentes pero non a solucionaban. A entidade galega colocaba produtos a xente que non os quería sen desvelar o seu deterioro para non destapar a fraude. A CNMV detectou o engano pero non dixo nada aos aforradores, segundo desvela un informe feito público por El Mundo.
Fálase
O Tribunal Supremo admite a trámite o recurso da RAG contra o decreto do plurilingüismo, no que solicita a anulación total da norma.
O Burela empata (2-2) co poderoso Barcelona na liga de fútbol sala. En hóckey sobre patíns, o Liceo empatou ante o Voltregá (5-5).
O Obradoiro cae na casa ante o Manresa (71-88) e segue sen gañar tras dúas xornadas da Liga ACB. O Básquet Coruña venceu o Breogán no derbi galego da LEB Ouro celebrado en Lugo (60-63).
Feijóo repetiría maioría absoluta pero cedería tres escanos, segundo unha enquisa de La Voz de Galicia. AGE gañaría catro deputados, o BNG un e o PSdeG perdería dous se agora se celebrasen eleccións.
O Lugo empata no campo do líder (3-3) malia ir gañando 0-3 no descanso. Un gol no tempo engadido do Recreativo igualou os de Rennella, Pablo Sánchez e Peña para os galegos.
San Sadurniño, outro concello máis que asumirá o copago farmacéutico e que se une á lista cada vez máis ampla de municipios que se rebelan contra a medida do Goberno central.
O centro social A Revira denuncia un ataque neonazi. Pintadas fascistas e nazis apareceron na fachada da sede da organización, ademais de na casa dunha das súas militantes. "Galicia es España" ou "fuera separatistas" foron algúns dos lemas pintados.
A CIG pecha na Quintana a súa manifestación polo emprego logo de varias marchas a pé realizadas en todo o país. Imaxe de @carmeadan.
A Xunta entrega ao Parlamento o proxecto de Orzamentos, que inclúen novos recortes nas consellerías sociais. Caen os presupostos de Sanidade, Cultura e Educación e Traballo e Benestar. Máis información, máis tarde en Praza.