Elena Espinosa presenta, nestes momentos, a súa candidatura á secretaría xeral dos socialistas galegos. Iván Puentes, Modesto Pose, Beatriz Sestayo, Lage Tuñas, Carmela Silva e Abel Caballero están na presentación. A foto, de @xuventudes
Elena Espinosa presenta, nestes momentos, a súa candidatura á secretaría xeral dos socialistas galegos. Iván Puentes, Modesto Pose, Beatriz Sestayo, Lage Tuñas, Carmela Silva e Abel Caballero están na presentación. A foto, de @xuventudes
El Periódico publica hoxe unha enquisa de intención de voto, segundo a cal o PP só perde dous puntos en intención de voto desde a vitoria do 20 de novembro. Os recortes, a suba de impostos ou a reforma laboral apenas abren unha fenda entre os votantes e a formación conservadora. Rubalcaba empeoraría, segundo a mesma enquisa, o seu resultado (110 deputados)
O chamado sector crítico do PSdeG empeza a 'traballar' nas redes sociais para defender a alternativa a Pachi Vázquez, papel que asumirá a exministra Elena Espinosa. Carmela Silva, número dous de Abel Caballero en Vigo, é unha das persoas que defende a alternativa. Modesto Pose xa usa o hastag #OPuñoeaRosaconEspinosa. Elena Espinosa presenta a súa candidatura ás 12:00 horas no hotel NH Obradoiro de Santiago, na Avenida Burgo das Nacións.
Os veciños da Graña, en Ferrol, están chamados a unha mobilización "en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola Defensa e Promoción da Sanidade Pública", informou Ártabra 21. A convocatoria é para as 12:00 horas do mediodía. Os veciños levan días pechados no consultorio médico deste lugar ferrolán para exixir ao Sergas que se manteña aberto.
Unhas 15 persoas faleceron e outras 54 resultaron feridas nun accidente ferroviario que tivo lugar esta noite na ruta entre Varsovia e Cracovia, en Polonia. Dous trens colidiron frontalmente ao estar utilizando as mesmas vías en sentido contrario, segundo as primeiras informacións dispoñibles. Información do Guardian inglés
Esta semana celebrouse en La Habana a convención de fabricantes de puros máis importante do mundo. O acto tivo lugar no Palacio de Convenciones, que normalmente acolle os congresos do Partido Comunista. A industria dos puros, lonxe de pasalo mal coa crise, mellora considerablemente as vendas. A exportación a China aumentou un 39%. Unha reportaxe de Sarah Rainsford para a BBC. A imaxe é de Reuters
Viches o spot do sindicato vasco LAB da próxima folga xeral? En Euskadi tamén hai convocado, como un Galicia, un paro xeral para o 29 de marzo contra a reforma laboral, os recortes e o ataque á clase traballadora. A CIG convocouna en solitario e, polo de agora, ten o apoio da CUT e a CGT.
Os economistas chamados keynesianos seguen batallando contra a vaga de austeridade que circula polas economías do mundo. Un dos máis influíntes, Paul Krugman, vén de comparar a xestión económica de Obama e Reagan avaliando o gasto público que fixeron cada un deles. Este é un dos gráficos publicados en The New York Times
Henrique Tello abandona o BNG. O exconcelleiro na cidade da Coruña anunciou, xunto con outros militantes, que abandona a formación nacionalista. Xunto a el tamén dixeron adeus ao BNG Manuel Fernández Costas, Ramón López Verdini, Margarida Vázquez Veras e Mario López Rico, recolleu EFE.
Tomás Gómez foi reelixido esta tarde secretario xeral do PSOE de Madrid co 59% dos votos. O exalcalde, que controlaba os mandos do partido na comunidade, venceu a Pilar Sánchez Acera. A semana que vén é o Congreso do PSdeG