Á espera de que compareza a Ministra Tejerina, tras a reunión do sector lácteo, xa transcendeu que o Goberno propón un acordo para a estabilidade do sector que afecta a toda a cadea: distribución, industria e produtores. O que se pretende con esa proposta é que o leite deixe de ser un "produto reclamo", que a industria cubra os custos de produción. Máis info en breve.
Fálase
A Comisión Europea desbota un prezo mínimo para o leite. Bruxelas admitiu que existe "volatilidade de prezos" no sector lácteo. Subliña que está "ao tanto da situación difícil á que se enfrontan os produtos de diferentes sectores en varios Estados membros" pero descarta introducir un prezo mínimo para o leite, tal e como aprobou o Goberno francés.
O Congreso aproba o apoio ao terceiro rescate a Grecia nunha votación non vinculante. Formacións como o BNG ou IU votaron en contra do plan deseñado pola troika, que foi defendido polo ministro de Economía, Luis de Guindos.
A TVG sinala que Federico García Lorca "faleceu", sen mención a que foi asasinado, e suscita a polémica nas redes sociais
O escritor e académico Darío Xohán Cabana será o pregoeiro do San Froilán 2015. O nomeamento, di a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez "obtivo o consenso de todos os grupos políticos representados na Corporación, ao tratarse dunha persoa de recoñecido prestixio que reúne sobradamente os méritos e requisitos necesarios"
O aparcadoiro do novo hospital de Vigo é de pagamento dende hoxe. A concesionaria cobrará ata 12 euros ao día e os descontos para doentes crónicos están aínda sen pechar, segundo informa Faro de Vigo.
Os GEO interceptan un veleiro que se dirixía a Galicia con 600 quilos de cocaína. A incautación enmárcase na Operación Santa, da que a Policía ofrecerá detalles esta mañá nunha rolda de prensa en Vigo.
Louzán mantense na corporación provincial de Pontevedra malia prometer que a abandonaría tras as eleccións municipais. Recólleo Europa Press
Máis da metade dos homicidios de mulleres son cometidos polas súas parellas ou exparellas. Cóntao unha reportaxe de eldiario.es
117.000 persoas renunciaron a medicamentos en Galicia no último ano por non poder pagalos. Son un 18% que o ano anterior, segundo recolle Faro de Vigo