O Reino Unido celebra eleccións municipais este xoves. Agárdase un ascenso do Partido pola Independencia do Reino Unido (UKIP).
Fálase
El Pais publica unha sondaxe de intención de voto que amosa que o PP perderia a maioria absoluta e 16 puntos en Madrid. UPyD duplicaria us seus escanos e converteriase en árbitro. IU pasaria de 13 a 29 escanos e ficaria a un do PSOE.
Letta e Hollande alíanse contra a "austeridade" e reclaman máis determinación para combater o “pesadelo” do paro e resolver o futuro político de Europa
Stop Desafiuzamentos Compostela pídelles aos xuíces que actúen de oficio cando haxa abusos. A plataforma entregará este xoves nos Xulgados de Santiago un escrito neste senso.
Beiras e Vence proporanlle ás direccións de Anova e BNG un "encontro formal" entre as dúas formacións. Preguntado polos xornalistas na manifestación da CIG en Vigo, Beiras revelou que mantivo unha xuntanza co voceiro nacional do Bloque.
Afectados polas preferentes realizaron un escrache ante a vivenda do alcalde de Baiona, o popular Jesús Vázquez.
Este xoves ponse en circulación o novo billete de 5 euros, que irá progresivamente substituindo os antigos.
"Rajoy enganounos a todos e ten que dimitir". A manifestación convocada por CC.OO. e UGT en Madrid reuniu máis de 50 mil persoas. En Barcelona os dous sindicatos xuntaron máis de 160 mil persoas na meirande marcha do 1º de maio que se lembra nos últimos anos.
Outras cidades, coma Ourense, tamén viven manifestacións con ampla participación neste 1º de maio.
Imaxe da manifestación da CIG en Ferrol