Os bombeiros privados van á folga tras seis anos agardando por un regulamento que fixe as obrigas e dereitos da súa profesión. Cóntao El País.
Fálase
Praza non se actualizará durante as fins de semana de agosto por descanso do seu persoal. Pasádeo ben!
"A señorita do PP dixo que non van facer declaracións", explicacións do servizo de seguridade de Rajoy á prensa que seguiu o "paseo" do presidente do Goberno central con Feijóo e outros cargos do PP, este mediodía en Vilanova de Arousa. Relátao El País.
A CRTVG chámalle á súa web infantil Xeración Xabarín, o mesmo nome da web de siareiros e siareiras do popular programa infantil que obrigou a pechar baixo a ameaza de adoptar medidas legais.
A Asemblea Galega contra os Lumes lanza unha campaña de recollida de sinaturas para esixir que a Xunta desenvolva "unha nova política forestal que evite os incendios". Pódese asinar nesta ligazón
Un deputado do PP equipara o uso da bandeira franquista coa da II República española porque, teoriza, ambas son "inconstitucionais". Cóntao a Cadena SER
A alcaldesa de Cádiz, Teófila Martínez (PP), sementa a polémica ao se estrañar de que persoas que "piden para comer" teñan Twitter, "que custa cartos". Hai poucos meses, Martínez gabábase de instalar puntos wifi de balde na súa cidade. Recólleo El Diario
O portugués Jornal de Noticias amosa, nun infográfico en tres dimensións, o acontecido no accidente ferroviario de Angrois.
O PP anuncia un "paseo" de Mariano Rajoy con Alberto Núñez Feijóo para este mediodía na ruta do río Umia en Ponte Arnelas (Vilanova de Arousa). Estarán acompañados pola ministra Ana Pastor, o vicepresidente Alfonso Rueda, o conselleiro Agustín Hernández e outros cargos do partido.
As axencias privadas cobrarán un plus do Goberno central por delatar a persoas en desemprego que defrauden no cobramento de prestacións. Cóntao Infolibre