O PP anuncia un "paseo" de Mariano Rajoy con Alberto Núñez Feijóo para este mediodía na ruta do río Umia en Ponte Arnelas (Vilanova de Arousa). Estarán acompañados pola ministra Ana Pastor, o vicepresidente Alfonso Rueda, o conselleiro Agustín Hernández e outros cargos do partido.
Fálase
As axencias privadas cobrarán un plus do Goberno central por delatar a persoas en desemprego que defrauden no cobramento de prestacións. Cóntao Infolibre
Compromiso por Galicia acode esta mañá ao Tribunal Superior de Xustiza para instar a Fiscalía a abrir dilixencias contra Feijóo polo caso Bárcenas
A Xunta dá por extinguidos os incendios que cercaron a cidade de Ourense
Adif incluirá as persoas responsables do deseño do treito Ourense-Santiago na lista que lle reclama o xuíz para imputar os xefes da seguridade polo accidente de Angrois. En Faro de Vigo
Ourense pasou unha xornada máis pendente do lume, coas lapas moi próximas ás vivendas. Cóntao La Región
O ex presidente exipcio Hosni Mubarak abandona a prisión tras unha orde da fiscalía. En El Diario.
Esquerda Unida presenta esta mañá a súa campaña contra a venda de Novagalicia Banco e a prol da súa conversión nunha banca pública galega.
O alcalde de Baralla rexeita dimitir polas súas declaracións xustificando os asasinatos do franquismo. Durante o pleno, no que foi apoiado por todos os seus edís, ordenoulle á Garda Civil que desaloxase as persoas que amosaban fotografías de vítimas da ditadura, segundo informa Radio Lugo. Toda a información, esta tarde en Praza (Foto: Xosé Salgado)
O IGADI lanza un novo paper, desta volta centrado en Exipto e baixo o título A crise exipcia como válvula estratéxica dun ‘novo Oriente Medio'