O IGADI lanza un novo paper, desta volta centrado en Exipto e baixo o título A crise exipcia como válvula estratéxica dun ‘novo Oriente Medio'
Fálase
Os sinais fallan na metade dos accidentes ferroviarios causados por maquinistas. En El País.
Esta mañá celébrase en Baralla o pleno municipal para abordar a dimisión ou non do seu alcalde, Manuel González Capón, que xustificou os asasinatos do franquismo.
Permanecen activos os incendios forestais de Cudeiro e Velle, no municipio de Ourense, e nos concellos da Veiga, parroquia de San Lourenzo, e no de Montederramo. #SeVesLume085
Un informe policial "confirma" o financiamento ilegal do PP, segundo informa El Periódico de Catalunya
Feijóo retoma mañá a súa axenda pública e faino en Asís (Italia). Alí será recibido polo alcalde e inaugurará unha exposición sobre "San Francisco no Camiño de Santiago", segundo informa a Xunta.
A conselleira de Medio Rural asegura "non entender o que pasa" en Ourense, xa que cando está controlado un foco dos incendios "aparecen outros novos". Rosa Quintana desprazouse á capital ourensá, cercada por dous lumes de nivel 1.
O incendio da parroquia de Velle, nas proximidades do núcleo urbano de Ourense, acada tamén o nivel 1 ao achegarse a zonas habitadas
Unha deputada do PP de Madrid ferida no accidente ferroviario de Angrois reclama o cesamento dos presidentes de Renfe e Adif, aos que cualifica de "terroristas". Nunha entrevista no Diario de Ferrol.
O incendio que afecta á parroquia de Cudeiro, en Ourense, é declarado de nivel 1 pola súa proximidade a zonas habitadas.