Permanecen activos os incendios forestais de Cudeiro e Velle, no municipio de Ourense, e nos concellos da Veiga, parroquia de San Lourenzo, e no de Montederramo. #SeVesLume085
Fálase
Un informe policial "confirma" o financiamento ilegal do PP, segundo informa El Periódico de Catalunya
Feijóo retoma mañá a súa axenda pública e faino en Asís (Italia). Alí será recibido polo alcalde e inaugurará unha exposición sobre "San Francisco no Camiño de Santiago", segundo informa a Xunta.
A conselleira de Medio Rural asegura "non entender o que pasa" en Ourense, xa que cando está controlado un foco dos incendios "aparecen outros novos". Rosa Quintana desprazouse á capital ourensá, cercada por dous lumes de nivel 1.
O incendio da parroquia de Velle, nas proximidades do núcleo urbano de Ourense, acada tamén o nivel 1 ao achegarse a zonas habitadas
Unha deputada do PP de Madrid ferida no accidente ferroviario de Angrois reclama o cesamento dos presidentes de Renfe e Adif, aos que cualifica de "terroristas". Nunha entrevista no Diario de Ferrol.
O incendio que afecta á parroquia de Cudeiro, en Ourense, é declarado de nivel 1 pola súa proximidade a zonas habitadas.
O soldado Bradley Manning, condeado a 35 anos de cárcere por filtracións a Wikileaks. En El Diario.
Efectivos de León acoden a colaborar na extinción dos incendios que arden nas proximidades da cidade de Ourense
Os incendios seguen a afectar especialmente a Ourense. Un bombeiro da Brif de Laza lamenta que "pouco a pouco se queime Galicia".