Efectivos de León acoden a colaborar na extinción dos incendios que arden nas proximidades da cidade de Ourense
Fálase
Os incendios seguen a afectar especialmente a Ourense. Un bombeiro da Brif de Laza lamenta que "pouco a pouco se queime Galicia".
Os traballadores fanlle un escrache ao conselleiro delegado de Povisa no terceiro día de folga.
O Goberno municipal da Coruña négalle aos grupos da oposición un espazo para reunirse co Comité de Empresa de Albada. A Alcaldía informou ó BNG que “los salones son para actividades de la Alcaldía y la biblioteca, para contratación”. O Grupo Municipal do BNG advirte que "o conxunto de edís da Corporación poden facer uso das instalacións para o exercicio das súas funcións correctamente". A postura de Alcaldía "viola os dereitos dos membros da Corporación como concelleiros".
Xa é posible solicitar as bolsas de axuda para Bacharelato, FP e universidade. Para calcular a contía o Ministerio de Educación emprega unha fórmula matemática na que algúns dos termos son descoñecidos, como o número total de bolseiros e bolseiras. Recólleo a Cadena SER.
O CAB Obradoiro muda de patrocinador principal e de nome, pasando a denominarse Río Natura Monbús. O equipo de baloncesto de Santiago cambia así a Blu Sens por Leite Río, que xa foi durante anos patrocinador principal do Breogán.
Un incendio arrasa 50 hectáreas de Rede Natura en Chandrexa de Queixa. En Faro de Vigo
A Junta de Andalucía comunícalle á Xustiza evidencias de crimes do franquismo e colabora na súa investigación. En El Diario
Unha investigadora do CSIC que se dispón a emigrar para traballar na NASA escríbelle unha dura carta aberta a Mariano Rajoy. "Devólvolle as afirmacións como que España segue apostando polo I+D. Deduzo que esa aposta foi feita en Eurovegas e perdimos", di. En El País.
O Deportivo da Coruña comezará a súa participación na Copa do Rei contra o Córdoba e o Club Deportivo Lugo, contra o Mirandés. Serán a partido único e celebraranse o 11 de setembro.