O CAB Obradoiro muda de patrocinador principal e de nome, pasando a denominarse Río Natura Monbús. O equipo de baloncesto de Santiago cambia así a Blu Sens por Leite Río, que xa foi durante anos patrocinador principal do Breogán.
Fálase
Un incendio arrasa 50 hectáreas de Rede Natura en Chandrexa de Queixa. En Faro de Vigo
A Junta de Andalucía comunícalle á Xustiza evidencias de crimes do franquismo e colabora na súa investigación. En El Diario
Unha investigadora do CSIC que se dispón a emigrar para traballar na NASA escríbelle unha dura carta aberta a Mariano Rajoy. "Devólvolle as afirmacións como que España segue apostando polo I+D. Deduzo que esa aposta foi feita en Eurovegas e perdimos", di. En El País.
O Deportivo da Coruña comezará a súa participación na Copa do Rei contra o Córdoba e o Club Deportivo Lugo, contra o Mirandés. Serán a partido único e celebraranse o 11 de setembro.
O xuíz que investiga o accidente ferroviario de Santiago cita como imputado ao responsable de seguridade do treito Ourense-Compostela, segundo informa El País
O Centro Social A Cova dos Ratos, en Vigo, celebra o vindeiro sábado un "festivalinho" en apoio ao Festival da Poesía do Condado
Avogados da acusación piden que Bárcenas entregue "soportes documentais" das súas reunións cos líderes do PP. Javier Gómez de Liaño, avogado do ex tesoureiro, xa deixara caer durante o interrogatorio a Javier Arenas que tiña unha grabación do seu encontro en Sevilla a finais do 2012.
Dimite o edil de Cultura de Vilagarcía, Francisco González (PP), polas axudas a un acto 'pantasma' supostamente organizado por unha asociación que el encabezou con anterioridade, segundo informa Faro de Vigo
A Xunta amplía a información que ofrece sobre os incendios a respecto de veráns anteriores, pero segue sen ofrecer datos sobre os que non superan as 20 hectáreas.