Dimite o edil de Cultura de Vilagarcía, Francisco González (PP), polas axudas a un acto 'pantasma' supostamente organizado por unha asociación que el encabezou con anterioridade, segundo informa Faro de Vigo
Fálase
A Xunta amplía a información que ofrece sobre os incendios a respecto de veráns anteriores, pero segue sen ofrecer datos sobre os que non superan as 20 hectáreas.
AGE lamenta a "falta de moralidade" do presidente da CEOE ao reclamar limitar dereitos aos contratos indefinidos ou recortar o subsidio por desemprego. Para Alternativa, Joan Rosell está a pedir a instauración da "neoescravitude".
Xa está aberto o prazo para contratar espazos no Culturgal 2013
O estradense Alejandro Marque proclamouse campión da Volta a Portugal. Marque colle o relevo do tamén galego David Blanco, vencedor nas pasadas cinco edicións dunha carreira que, desta volta, tivo na segunda posicióna o vilagarcián Gustavo Veloso. Recólleo o Portal Galego da Língua.
A figura de Avelino Pousa Antelo será lembrada hoxe ao longo de toda a xornada no Concello de Teo, onde se celebra un amplo programa de actos no primeiro cabodano do histórico galeguista.
Exipto precipítase un chisco máis cara ao conflito civil tras a detención do líder da Irmandade Musulmá. Recólleo a Cadena SER
A Xunta informa dun incendio "que podería superar as 20 hectáreas" en Catoira (foto: @cfbalseiro)
A Xunta subliña en Twitter que informa "proactivamente" de todos os incendios maiores de 20 hectáreas
O presidente da CEOE, Joan Rosell, asegura que cómpre restarlles "privilexios" aos contratos indefinidos e avoga por que as axudas a persoas en desemprego se limiten a garantirlles a supervivencia. Sentenciouno nunha entrevista en Onda Cero.