O presidente da CEOE, Joan Rosell, asegura que cómpre restarlles "privilexios" aos contratos indefinidos e avoga por que as axudas a persoas en desemprego se limiten a garantirlles a supervivencia. Sentenciouno nunha entrevista en Onda Cero.
Fálase
A Asociación Cultural O Galo, a Asociación Ánxel Casal e o BNG lembran a esta hora en Compostela a figura de Casal, editor e alcalde da cicdade asasinado o 17 de agosto de 1936. (foto: @ACOGalo)
O alcalde de Baralla, que xustificou os asasinatos do franquismo, acepta a celebración dun pleno extraordinario para debater a súa dimisión, como pediu a oposición municipal.
Hoxe comezou a folga indefinida do persoal de Povisa, o hospital privado concertado do que dependen máis de 100.000 pacientes do Sergas na área de Vigo. Os traballadores e traballadoras están a denunciar intentos de "boicot" á mobilización por parte da empresa.
O BNG lamenta as "prácticas caciquís" do PP na celebración de actos públicos como as Xornadas do Folclore de Celanova, "reservando cadeiras de privilexio nas primeiras fileiras a persoas afíns ao Partido Popular, pero que nada teñen que ver coa representación institucional".
Sigue en activo o incendio de Vilamarín, Ourense, que comezou na tarde de onte e afecta xa a unhas 200 hectáreas. Ademais, esta madrugada comezou outro lume no Saviñao, Lugo, e pode alcanzar xa as 20 hectáreas queimadas. A Xunta segue sen dar datos da totalidade de incendios que se producen.
Hoxe comparecen no Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago o garda de seguridade privada do tren sinistrado e o maquinista que fixo o traxecto anterior.
Londres reten nove horas a David Miranda, parella do xornalista que destapou o 'caso Snowden'. Foi no aeroporto de Heathrow onde, amparándose na Lei de Antiterrorismo de 2000, interrogaron e retiveron a Miranda ademais de confiscarlle os seus dispositivos electrónicos. A súa parella, Glenn Greenwald, xornalista en The Guardian e autor de revelacións de espionaxe masivo calificou o feito dun "intento fallido de intimidación".
Entra en vigor en Nova Zelandia a lei que legaliza o matrimonio homosexual. O Parlamento xa aprobou en abril a lexislación que recoñece o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Convértese así no primeiro país de Asia-Pacífico en facelo.