O BNG lamenta as "prácticas caciquís" do PP na celebración de actos públicos como as Xornadas do Folclore de Celanova, "reservando cadeiras de privilexio nas primeiras fileiras a persoas afíns ao Partido Popular, pero que nada teñen que ver coa representación institucional".
Fálase
Sigue en activo o incendio de Vilamarín, Ourense, que comezou na tarde de onte e afecta xa a unhas 200 hectáreas. Ademais, esta madrugada comezou outro lume no Saviñao, Lugo, e pode alcanzar xa as 20 hectáreas queimadas. A Xunta segue sen dar datos da totalidade de incendios que se producen.
Hoxe comparecen no Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago o garda de seguridade privada do tren sinistrado e o maquinista que fixo o traxecto anterior.
Londres reten nove horas a David Miranda, parella do xornalista que destapou o 'caso Snowden'. Foi no aeroporto de Heathrow onde, amparándose na Lei de Antiterrorismo de 2000, interrogaron e retiveron a Miranda ademais de confiscarlle os seus dispositivos electrónicos. A súa parella, Glenn Greenwald, xornalista en The Guardian e autor de revelacións de espionaxe masivo calificou o feito dun "intento fallido de intimidación".
Entra en vigor en Nova Zelandia a lei que legaliza o matrimonio homosexual. O Parlamento xa aprobou en abril a lexislación que recoñece o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Convértese así no primeiro país de Asia-Pacífico en facelo.
Bárcenas levou a Suíza 8,2 millóns de euros de orixe ilícita cando era xerente do PP. Cóntao El País.
Esta fin de semana celebrouse en Ferrol a "apocacrise zombie" unha marcha lúdica e reivindicativa contra a "morte en vida" da cidade. Nesta ligazón podedes visitar unha galería de imaxes.
Os incendios continúan a castigar á provincia de Ourense. O último, entre Verín e Vilardevós, afectou a unhas 100 hectáreas. O Goberno galego segue ser dar datos da totalidade de lumes forestais que se producen.