Esta fin de semana celebrouse en Ferrol a "apocacrise zombie" unha marcha lúdica e reivindicativa contra a "morte en vida" da cidade. Nesta ligazón podedes visitar unha galería de imaxes.
Fálase
Os incendios continúan a castigar á provincia de Ourense. O último, entre Verín e Vilardevós, afectou a unhas 100 hectáreas. O Goberno galego segue ser dar datos da totalidade de lumes forestais que se producen.
Praza non se actualizará durante as fins de semana de agosto por descanso do seu persoal. Pasádeo ben!
A Xunta informa dun incendio dunhas 20 hectáreas en Lousame. Medio Rural engade que a superficie queimada no entorno dos Canóns do Sil foi de 75 hectáreas nun lume que non afectou a espazos protexidos, asegura. O Goberno galego segue sen ofrecer datos de todos os incendios que se producen cada día. #seveslume085
O persoal do hospital POVISA deulle unha 'aperta' simbólica á praia viguesa de Samil cinco antes do inicio da súa folga
O xuíz Ruz ten acreditada a veracidade de 55 apuntamentos dos 'papeis de Bárcenas'. En El País.
A Ribeira Sacra sufriu catro incendios no mesmo día. Recólleo La Región
Os xulgados de reforzo para "facer fronte á presentación masiva de demandas relacionadas coa compra de preferentes" entrarán en funcionamento o 2 de setembro na Coruña e en Vigo, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Este xoves faleceu aos 69 anos Rosalía Mera, cofundadora de Inditex e presidenta da Fundación Paideia Galiza.