O persoal do hospital POVISA deulle unha 'aperta' simbólica á praia viguesa de Samil cinco antes do inicio da súa folga
Fálase
O xuíz Ruz ten acreditada a veracidade de 55 apuntamentos dos 'papeis de Bárcenas'. En El País.
A Ribeira Sacra sufriu catro incendios no mesmo día. Recólleo La Región
Os xulgados de reforzo para "facer fronte á presentación masiva de demandas relacionadas coa compra de preferentes" entrarán en funcionamento o 2 de setembro na Coruña e en Vigo, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Este xoves faleceu aos 69 anos Rosalía Mera, cofundadora de Inditex e presidenta da Fundación Paideia Galiza.
Praza non se actualizará este xoves, 15 de agosto, por descanso do seu persoal. Pasádeo ben!
A Xunta dá por extinguido o incendio declarado entre Quiroga e Larouco e sitúa a superficie queimada "parametrizada" en 400 hectáreas.
Está a circular pola rede un vídeo no que se observa a militantes das Novas Xeracións do PP, que este mércores acudiron a apoiar a Dolores de Cospedal ante a Audiencia Nacional, mofándose dun ancián afectado polas preferentes que se manifestaba no mesmo lugar.
A Deputación de Lugo difunde o mapa coas unidades educativas que a Xunta vai pechar na provincia e censura a "discriminación dos cativos do rural"
Remata tras dúas horas e media a declaración de Dolores de Cospedal ante o xuíz do caso Bárcenas. En El Diario