Fálase
Sigue en activo o incendio de Vilamarín, Ourense, que comezou na tarde de onte e afecta xa a unhas 200 hectáreas. Ademais, esta madrugada comezou outro lume no Saviñao, Lugo, e pode alcanzar xa as 20 hectáreas queimadas. A Xunta segue sen dar datos da totalidade de incendios que se producen.
Hoxe comparecen no Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago o garda de seguridade privada do tren sinistrado e o maquinista que fixo o traxecto anterior.
Londres reten nove horas a David Miranda, parella do xornalista que destapou o 'caso Snowden'. Foi no aeroporto de Heathrow onde, amparándose na Lei de Antiterrorismo de 2000, interrogaron e retiveron a Miranda ademais de confiscarlle os seus dispositivos electrónicos. A súa parella, Glenn Greenwald, xornalista en The Guardian e autor de revelacións de espionaxe masivo calificou o feito dun "intento fallido de intimidación".
Entra en vigor en Nova Zelandia a lei que legaliza o matrimonio homosexual. O Parlamento xa aprobou en abril a lexislación que recoñece o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Convértese así no primeiro país de Asia-Pacífico en facelo.
Bárcenas levou a Suíza 8,2 millóns de euros de orixe ilícita cando era xerente do PP. Cóntao El País.
Esta fin de semana celebrouse en Ferrol a "apocacrise zombie" unha marcha lúdica e reivindicativa contra a "morte en vida" da cidade. Nesta ligazón podedes visitar unha galería de imaxes.
Os incendios continúan a castigar á provincia de Ourense. O último, entre Verín e Vilardevós, afectou a unhas 100 hectáreas. O Goberno galego segue ser dar datos da totalidade de lumes forestais que se producen.
Praza non se actualizará durante as fins de semana de agosto por descanso do seu persoal. Pasádeo ben!